InicioCulturaO CPR Cervantes representará a Galicia no campus mundial de cambio climático

O CPR Cervantes representará a Galicia no campus mundial de cambio climático

O CPR Plurilingüe Cervantes de Lugo foi o único de Primaria en participar do encontro internacional de Aveiro e agora estará presente no campus mundial en Costa Rica

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia estará representada na vindeira edición do Campus Mundial sobre o cambio climático por un centro de ensino lucense, o CPR Plurilingüe Cervantes de Lugo. O colexio sito na rúa Camiño de Pipin acadou a presenza no magno evento, a celebrar en Costa Rica en abril de 2019, mercé a un proxecto de educación ambiental.

Este traballo causara fondo impacto nos participantes do Campus celebrado en Aveiro en setembro, sendo o CPR Cervantes o único centro de primaria en participar do encontro. Aquela experiencia foi a orixe da participación no Campus Mundial de Costa Rica, ao que viaxarán catro alumnos participantes da iniciativa.

Os gastos da viaxe os asumirá a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, como comunicou a responsable do departamento, Ángeles Vázquez, na visita ás instalacións do centro de ensinanza infantil e primaria.

O proxecto consistiu na elaboración dun vídeo para sensibilizar sobre a necesidade de manter unha posición activa e pór en marcha medidas que mitiguen o cambio climático. A conselleira destacou o esforzo dos alumnos por trasladar unha mensaxe importante, dun xeito ameno e sinxelo pero moi directo, como “coidar o planeta, o paciente global da sociedade”, poñendo o foco na necesidade de actuar con urxencia.

A conselleira indicou que este traballo foi recoñecido coa máxima puntuación por un comité científico avaliador, que permitiu aos rapaces do CPR Cervantes participar no Campus de Aveiro, a pesares de que non era un encontro pensado para estudantes de primaria. A experiencia que vivirán en Costas Rica é un premio ao traballo e a dedicación prol da conservación do medio ambiente, referencia para toda a comunidade escolar e educativa de Galicia.

Un plan de estudos “verde”

Vázquez salientou o grao de implicación do plan de estudos do CPR Cervantes coa responsabilidade social, centrado especialmente no coñecemento dos dereitos humanos e o respecto ao medio ambiente e á natureza. “Un plan de estudos verde sobre a ecoloxía e o medio ambiente fomenta a educación ambiental dende os primeiros anos de escolaridade”.

Este contacto directo coa loita contra o cambio climático e o que cada persoa pode facer no seu día a día; co fomento por un consumo eficiente e eficaz da enerxía, tanto no centro educativo como nas vosas casas, adquirindo coñecementos sobre as enerxías limpas e os seus múltiples beneficios; a biodiversidade e o amplo patrimonio natural co que conta Galicia, e sobretodo aprender a conservalo e a protexelo; e a xestión dos residuos que se xeran cada día, sendo conscientes da cantidade diaria que cada un de nós produce e como se pode reducir, así como reutilizalos e reciclalos.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo reunirase cos 67 concellos da provincia para abordar as necesidades de cada municipio

Os deputados do Grupo Parlamentario Popular explicaron este luns nunha nota de prensa que...

Ferido un traballador ao caerlle unha árbore enriba das pernas na Fonsagrada

Un traballador tivo que ser evacuado a un centro hospitalario ao resultar ferido despois...

Javier Ferreiro, polbeiro: “Trouxemos 20 toneladas de polbo para o San Froilán, case nada que picar”

Do 5 ao 12 de setembro Lugo convértese no lugar de Galicia idóneo para comer, compartir...

José Castro da Sociedade Micolóxica Lucus: “Hai unha obsesión desmedida por comer cogomelos”

Chega o outono, as árbores cambian de cor, volve a choiva, pero aínda sen...