InicioMedioambiente e PatrimonioO deterioro das pallozas do Piornedo chega ao Parlamento

O deterioro das pallozas do Piornedo chega ao Parlamento

O BNG farase eco das demandas da veciñanza, que leva anos reclamando axudas para a restauración destas edificacións históricas. Piden que a Xunta achegue financiación con carácter anual para garantir a súa conservación, xa que é o órgano con competencia exclusiva en patrimonio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG anuncia que trasladará ao Parlamento as demandas da veciñanza de Piornedo (Cervantes),  que leva anos reclamando axudas da Xunta para restaurar as pallozas.

Os nacionalistas defenden que se restitúa a liña de axudas, suprimidas no 2010, e a través das que o Instituto Galego de Vivenda e Solo colaboraba anualmente no mantemento e rehabilitación destas edificacións históricas. Lembran que estas pallozas están declaradas BIC (Ben de Interese Cultural) e constitúen un elemento fundamental do patrimonio cultural galego.

Coidan que as actuacións levadas a cabo hai catro anos foron un “remendo” insuficiente e apostan por achegas económicas da Xunta con carácter anual, de maneira que se poida garantir a súa conservación no tempo. Só actuando con urxencia, din, se poderá evitar que a situación de deterioro sexa irreversible.

“Igual que as persoas propietarias teñen legalmente establecida a obriga de garantir a súa conservación, a Xunta de Galicia conta con competencia exclusiva en materia de patrimonio e a obriga de garantir a súa protección, conservación e enriquecemento, como dispón a Lei de patrimonio cultural”, afirma o BNG nun comunicado. Así pois, piden que o Goberno galego non mire para outro lado mentres as voces de alarma se van sucedendo. Que as escoiten.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...