InicioAncaresAbanca premia a súa oficina de Baralla como a mellor da entidade...

Abanca premia a súa oficina de Baralla como a mellor da entidade financeira no rural galego

O conselleiro delegado de ABANCA puxo en valor "o servizo prestado aos clientes, con especial atención aos maiores".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A oficina bancaria de Baralla vén de ser galardoada como a ‘Mellor Oficina Rural de ABANCA 2018- 2021’ despois de que o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, entregara hoxe á oficina dita distinción. Segundo destacan dende a entidade bancaria, este premio recoñece o labor dunha oficina da que é cliente o 96,49% da poboación do concello e que “no pasado ano destacou en aspectos esenciais da calidade de atención e servizo, como son a experiencia de cliente e a satisfacción do cliente co seu xestor persoal”.

A entrega deste recoñecemento forma parte dunha xornada de traballo desenvolvida por ABANCA en Lugo como mostra do “compromiso” do banco cos seus clientes da provincia, na que é a entidade financeira líder tanto por cota de mercado como por número de oficinas.

O conselleiro delegado de ABANCA visitou catro das oficinas que o banco ten na provincia de Lugo: dúas urbanas e de gran dimensión (Oficina Principal e Praza de Santo Domingo, as dúas situadas en Lugo cidade) e outras dúas en concellos rurais de pequeno tamaño (Baralla e O Corgo, nos que ABANCA é a única entidade financeira con actividade).

Na súa visita, Francisco Botas intercambiou impresións co persoal sobre a actividade das oficinas, o servizo diario prestado aos clientes, con especial atención aos clientes maiores, e as prioridades do banco para os próximos meses.

ÚLTIMAS

Incendio en Barreiros estabilizado tras arrasar 80 hectáreas

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia deu por estabilizado esta mañá...

Cinco brigadistas ingresados con queimaduras graves tras o lume de Barreiros

Os cinco brigadistas feridos nun incendio rexistrado no municipio lucense de Barreiros foron trasladados...

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...