InicioAncaresRestrinxida a circulación nunha estrada de Cervantes por unha gran focha

Restrinxida a circulación nunha estrada de Cervantes por unha gran focha

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha focha rexistrada na estrada LU-P-1402, que une San Martiño da Ribeira con Vilaquinte por Quindous, en Cervantes obrigará aos escolares da zona e ás súas familias a desprazar camiñando un tramo para salvar o dano causado polo temporal na vía e poder coller o autobús.

Nun comunicado, a Deputación de Lugo explicou que, debido aos danos orixinados polas intensas choivas á altura da parroquia de Vilaver, a institución provincial mantén restrinxido o tránsito por esta vía ao resto de vehículos. Con todo, permitirá, exclusivamente, o paso do transporte escolar co fin de evitar desprazamentos alternativos excesivamente longos. Deste xeito, as familias deberán cruzar un tramo camiñando –na zona que resultou máis danada para posteriormente subir aos nenos e nenas ao transporte escolar.

A Deputación explicou que mobilizará desde primeira hora da xornada a operarios provinciais co obxectivo de garantir as máximas condicións de seguridade para os veciños e veciñas. Os informes técnicos realizados sinalan que a vía non reúne as condicións axeitadas para garantir unha circulación ordinaria, polo que o resto de vehículos non poderá facer uso desta estrada mentres se manteñan estas circunstancias.

A circulación autorizada queda limitada exclusivamente ao bus escolar. Así mesmo, a institución provincial estableceu itinerarios alternativos, debidamente sinalizados, e fai un chamamento aos veciños e aos usuarios da vía a que extremen a precaución e respecten a sinalización provisional instalada. A Deputación asegurou que está a axilizar os trámites para que as obras poidan realizar canto antes.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

Axentes da Garda Civil auxilian un neno de 2 anos con sintomas de atragoamento

Axentes da Comandancia da Garda Civil de Lugo auxiliaron o pasado martes a un...

Senadores galegos reclaman ao Goberno a rehablitación urxente da N-120

O Senado esixe ao Goberno de Sánchez unha actuación urxente e integral na N-120...