InicioEconomíaA Carqueixa, a gandería heroica dos Ancares, premio a mellor proxecto MIES

A Carqueixa, a gandería heroica dos Ancares, premio a mellor proxecto MIES

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Cooperativa A Carqueixa foi seleccionada polo Proxecto MIES (Movimiento para la Innovación y el Emprendimiento Social) como un proxecto exemplar en emprendemento rural a escala estatal. Xunto con outros 10 proxectos, dous deles tamén galegos -Cosméticos Muuhlloa e Pesca Artesanal Fresco y del Mar-, o da Cooperativa A Carqueixa é así recoñecido como unha importante contribución para un medio rural máis vivo, innovador e sostible. 

O Proxecto MIES é unha iniciativa impulsada por Almanatura, Salvaje e Terra da Auga dentro do proxecto Impacta+, impulsado por Ashoka España e Google.org co obxectivo de xerar en España un ecosistema de emprendemento social diverso, accesible e inclusivo.

A Cooperativa A Carqueixa é un proxecto de gandería vacúa en extensiva na comarca dos Ancares, implicado na conservación das artes tradicionais gandeiras -son os últimos transhumantes de Galicia– e da biodiversidade do medio. Un dos seus grandes fitos nos seus trinta anos de vida foi desenvolver novas formas de comercialización e distribución dos seus produtos, grazas inicialmente á venda por internet e, máis recentemente, á apertura dunha carnicería propia na Praza de Abastos de Lugo. Desta forma, A Carqueixa ten conseguido garantir prezos dignos polo seu traballo para as 215 gandeiras e gandeiros que a conforman.

Nesta entrevista, o xerente da cooperativa, Román Sánchez, destaca a importancia desta “Gandería Heroica”que poñen en valor as condicións e o traballo dos gandeiros e gandeiras de montaña. “Gandería Heroica é facer a transhumancia, onde as nosas gandeiras e gandeiros levan as vacas dun punto ao outro dos Ancares durante travesías de máis dun día; tamén é recoller a herba en pendentes de máis dun 15%; ou coidar as vacas co cariño diario das nosas socias e socios”, explica.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...