InicioPolíticaOs populares de Cervantes reclaman máis medios para o dispositivo de inverno

Os populares de Cervantes reclaman máis medios para o dispositivo de inverno

A oposición no municipio da Montaña lamenta que o Concello renunciara a investir en nova maquinaria, ao tempo que observa falta de medios por parte da Deputación

PUBLICADA O

- Advertisement -

Logo do episiodio de nevaradas da fin de semana, con complicacións no subministro eléctrico e núcleos de poboación illados, son varios os Concellos sinalados pola falta de planificación e de medios axeitados. Malia que en Cervantes as incidencias foron de menor entidade que noutras vilas da montaña, a demora na limpeza das estradas dificultou o acceso aos centros de ensino e as reparacións de infraestruturas estratéxicas. En resposta, o Partido Popular da localidade reclama máis medios materiais e humanos para o dispositivo de inverno.

O grupo conservador entende que o Concello de Cervantes carece de recursos abondo para a limpeza de vías e outros arranxos, o que impide unha resposta autónoma nun termo municipal de considerable extensión, con arredor de 275 quilómetros cadrados. O voceiro dos populares, Javier Santín, pediu ao socialista Benigno Gómez que traslade á Deputación a necesidade de máis medios. “Tres días despois das primeiras nevaradas, os servizos provinciais seguen desbordados”.

Máquinas e brigadas

Para paliar este déficit no dispositivo de inverno, tanto na administración local como na provincial, o Partido Popular propón a contratación de brigadas de persoal “ou empresas externas que dean resposta a esta necesidade”. Consideran que o Concello de Cervantes “non investiu o suficiente”, e lamentan que se desbotara a dotación dun segundo tractor por parte de Medio Rural. Alén deste “erro”, dende a oposición lembran a moción aprobada por unanimidade no pleno local na que se solicitaba á Deputación unha máquina quitaneves propia.

“Estas peticións responden á necesidade de axilidade”, explican dende a formación. “A neve provocou grandes destrozos que non se arranxan ao cen por cento tan pronto. Esperemos que non volva nevar proximamente porque, neste caso, a situación podería empeorar”, comentou Santín. O popular observou asemade que o executivo local estaba aínda ocupado co desbroce, sen previsión dun dispositivo de inverno. 

“Cada cincuenta metros temos unha árbore, é imposible retirar todo”

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...