InicioMedioambiente e PatrimonioA montaña lucense será o maior espazo de turismo científico de Galicia

A montaña lucense será o maior espazo de turismo científico de Galicia

Comeza o estudo de certificación dos recursos científicos en 16 concellos da provincia de Lugo, que abranguen 102.635 hectáreas entre Os Ancares e O Courel

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación presentou en Cervantes o proxecto que avalará a calidade do turismo científico na montaña lucense. Esta iniciativa enmarcada no Plan Estratéxico de Turismo da Provincia tomou forma en agosto, cando a autoridade provincial consignou 70.000 euros para a adxudicación do plan de certificación e desenvolvemento. A proposta definitiva para Os Ancares e O Courel abrangue 102.635 hectáreas, na que será a maior zona de estudo científico de Galicia.

A creación do ecosistema integrado consta de dúas fases, sendo a primeira a de certificación de calidade para o turismo científico, o selo Observer Turismo Científico. En Galicia, unicamente o Parque das Illas Atlánticas ostenta este distintivo. De aquí a decembro, expertos da Universidade de Santiago de Compostela, entidades do territorio e colectivos sociais auditarán os recursos científicos.

De acadar o aval, a Deputación procederá a implantar as dez accións de desenvolvemento das estruturas de turismo científico necesarias nos 16 concellos integrados: Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Baleira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.

O maior espazo natural de Galicia inclúe múltiples zonas de protección do medio ambiente, entre as que salientan a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucesnses e Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá; as zonas especiais de conservación ZEC Ancares-Courel e a Zona Especial de Protección para as Aves dos Ancares, ambas pertencentes á Rede Natura 2000; a Reserva Nacional de Caza e zona de Especial Protección do oso pardo e a declaración como Paraxe Pintoresco da Serra dos Ancares en Cervantes.

A estratexia de desenvolvemento contempla a creación dun grupo de traballo cos axentes claves do territorio, unha páxina web, o deseño dun catálogo divulgativo de bens de interese científico para este ecosistema, así como cinco itinerarios temáticos vencellados ao turismo científico –roteiros, conferencias e xornadas de bioloxía, micoloxía, xeoloxía ou botánica– e a creación dunha aplicación móbil.

Amais, desenvolverase unha programación anual de turismo científico, un seminario para empresas do sector sobre o mesmo, e un seminario de formación para guías e informadores turísticos. 

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...