InicioAncaresAnpas denuncian problemas de transporte escolar na montaña

Anpas denuncian problemas de transporte escolar na montaña

A presidenta da Federación de Anpas de Lugo esgrime que, con todo, estas eivas son comúns a toda a provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta da Federación de Anpas de Lugo (Fapacel), Isabel Calvete, volveu a denunciar problemas de transporte escolar e público para alumnos de secundaria na montaña lucense. Aínda que Calvete explica que estes problemas tamén se producen na Terra Chá, incidiu en que os máis perentorios prodúcense sobre todo en municipios da montaña da provincia.

“O problema é xeral en toda a provincia, en zonas máis despoboadas e tamén en lugares poboados porque á beira da cidade de Lugo tamén pasa”, explica. A presidenta das Anpas circunscribiu estas “dificultades” a que “o alumnado que non é de ensino obrigatorio non ten dereito a transporte escolar e o problema, realmente, é que non hai ningunha opción de transporte público tampouco“. “Non hai unha vertebración de transporte público, por parte da Xunta de Galicia, que prevexa deixar ao alumnado á hora que empezan as clases nos institutos, centros de FP ou na universidade”, denuncia.

Para visualizar o problema pon o exemplo de Pedrafita, “onde os alumnos teñen o centro máis próximo no instituto de Becerreá e non hai ningún autobús pola autovía A-6 ou pola nacional,que se adapte ao horario do centro de Becerreá, e falamos dunha autovía”, clamou.

Tamén se referiu ao Concello de Cervantes no que “desde hai 25 anos non hai transporte público”. “Os pais teñen que buscarse a vida, mandar aos nenos a vivir a Lugo ou a Ponferrada cun familiar, ou envialos a unha residencia”, lamentou finalmente a presidenta de Fapacel, Isabel Calvete.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...