InicioSociedadeAs residencias de Pedrafita, Meira e Navia de Suarna estarán abertas este...

As residencias de Pedrafita, Meira e Navia de Suarna estarán abertas este ano

A de Pedrafita, en maio; a de Meira, no verán e a de Navia de Suarna a final de ano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou este venres que a residencia de maiores de Meira xa está “preparada” para abrir no verán, unha apertura que “probablemente” terá lugar en xullo. En concreto, a residencia de Meira contará con trinta prazas, ademais de 20 de día. Tamén para antes de que conclúa o mes de maio prevese abrir a residencia de Pedrafita do Cebreiro e cara a finais de ano a de Navia de Suarna.

Así o dixo este venres tras a reunión da xunta de goberno na xornada na que se deu un “paso importante” coa aprobación da “licitación do contrato para prestación de servizos básicos” neste centro polo período dun ano. Será prorrogable por outro máis e ten un orzamento base de 625.000 euros.

O contrato inclúe “os servizos de cociña, de limpeza e asistencia para a residencia”. “Fai quince días asinei co alcalde de Meira o convenio de colaboración para a posta en marcha da residencia”, lembrou Tomei.

O presidente da Deputación de Lugo sinalou que a institución tamén ten “en licitación” por 300.000 euros o contrato para a dotación de equipamento das instalacións. Sobre este punto, mostrou o seu “compromiso persoal” de que os maiores estean “mellor atendidos” de forma que os usuarios das residencias que se vaian abrindo” a partir de agora terán “unha cama máis ampla” ao pasar de “90 centímetros a camas de 1,05”.

Ademais, o presidente provincial aproveitou para lembrar que as competencias en materia de política social son do Goberno galego. Con todo, dixo que, a pesar diso, a Xunta “non está a transferir nin un só euro á deputación para a prestación deste servizo”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...