InicioA UlloaPalas de ReiÁngeles Vázquez ve igual de importante o expediente de Altri como o...

Ángeles Vázquez ve igual de importante o expediente de Altri como o de ampliar unha granxa

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, asegura que é “igual de importante” para “o territorio” o expediente que afecta á intención de Altri de instalar unha fábrica en Palas de Rei  que o que incumbe, por exemplo, á ampliación dunha granxa.

Non temos que focalizar só en Altri. É igual de importante para o territorio Altri que a ampliación dunha granxa. Temos que cumprir con todos e imos procurar cumprir a lei”, destacou, a preguntas dos xornalistas sobre os prazos durante un acto este xoves.

“Temos que cumprir con Altri, pero temos que cumprir co resto das instalacións. Son máis de 100 os expedientes que temos na consellería e son moi variados, desde a ampliación dunha granxa ata a construción dunha granxa, pasando por calquera actividade no territorio”, dixo.

Neste sentido, incidiu en que “por tanto aquí non se trata de cumprir con Altri”, senón que “se trata de cumprir con cada unha das instalacións”. “É certo que hai expedientes que son máis complexos e hai que pedir de novo documentación, pero aquí non hai empresas de primeira e de segunda”, remarcou a conselleira.

Con “todas as empresas hai que cumprir os prazos”, resolveu, para engadir que “por esta consellería pasa todo, avalíase todo desde o punto de vista ambiental” e procura “cumprir absolutamente con todos”.

Nesta liña, insistiu en que “Galicia vive de moitísimas accións”, e citou aos autónomos, ao pequeno empresario e ao gran empresario.

“PREMATURO”

Ademais, Vázquez viu “prematuro” pronunciarse sobre se a fábrica que pretende implantar Altri en Palas de Rei obterá o permiso da administración autonómica.

“Os informes que están pechados son informes favorables e son informes en casos condicionados, pero hai informes moi importantes que aínda non se pecharon e por tanto eu non podo avanzar que ao final todos vaian ser favorables”, expuxo.

Respecto diso, afirmou que esa decisión final “non depende do político”, senón que “depende do técnico” e este último proceso aínda non terminou.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...