InicioCulturaPalas de Rei lembrará o rural dos anos 40 e 50 nunha...

Palas de Rei lembrará o rural dos anos 40 e 50 nunha nova edición do Son d’Aldea

O evento, previsto para o 6 e 7 de setembro, homenaxeará os nosos maiores e lembrará aquela época na que o rural "era o motor da economía". Artesanía, roteiros teatrais, xogos tradicionais, parladoiros e música son algunhas das actividades que ofrece.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha nova edición do Son d’Aldea vén de presentarse este xoves en Palas de Rei, o concello que acolleu este evento durante oito anos. O encontro, que terá lugar os días 6 e 7 de setembro, homenaxeará os nosos maiores e trasladará os asistentes ata os anos 40 e 50 do século pasado.

A deputada de Turismo, Pilar García Porto, participou no Parladoiro de Arqueixal de Palas de Rei, onde se presentou o evento. Durante o acto estivo acompañada polo alcalde da localidade, Pablo Taboada, polo presidente da Asociación Son d’Aldea, Afonso García Penas e por outros membros da organización.

“LEMBRAR CANDO O RURAL ERA O MOTOR DA NOSA ECONOMÍA”

García Porto destacou que este proxecto nos permite “vivir en primeira persoa como era a vida da aldea nos anos 40 e 50 e manter a lembranza de cando o rural era o motor da nosa economía e tradición; unha lembranza que aínda vive na memoria dos nosos maiores, homenaxeados nesta edición”.

Así, agardan reunir a preto de 500 persoas na parroquia de Santiago de Alba. “Trátase do número máximo de entradas postas á venda pola organización. Así pódesse asegurar unha experiencia de calidade que achegue os participantes ao noso pasado e que invite á reflexión e ao coñecemento”, explicou a Deputada.

ROTEIROS TEATRALIZADOS, DEBATES, MÚSICA E ARTESANÍA

Durante dous días, os asistentes poderán desfrutar de gran variedade de actividades: actuacións musicais, rutas teatralizadas, conferencias, monólogos, demostracións de oficios tradicionais ou a mostra de artesanía alimentaria. As entradas seguen á venda na páxina web,  pero xa son poucas as que quedan dispoñibles. 

Para máis detalle, o venres 6 de setembro abrirase o evento cunha mesa redonda centrada nas persoas maiores do medio rural, prevista para as 17.00 horas. A iso das oito, presentarase o libro ‘As novas na aldea’ e xusto despois será a quenda dun monólogo de Caxoto (Felipe Díaz), que leva por título ‘Daló de onde eu veño…’. Para rematar o día, haberá unha cea con produtos da aldea e unha posterior actuación da asociación cultural Palacio do Rei.

As actividades do día seguinte tampouco se quedan atrás, pois xa ás 10 da mañá está organizado un roteiro teatral (‘Os ollos da experiencia’). Precisamente esta é un dos pratos fortes e máis aplaudidos de todos os anos. O público goza como espectador dunhas escenas que representan a vida cotiá en distintos lugares da parroquia.

Pola tarde, ás 17.00 horas, haberá unha mostra de artesanía, oficios tradicionais e xogos populares. O serán estará amenizado pola música das Cantigas de Elena e a festa prolongarase cunha romaría na que actuarán Os Melidaos.

ÚLTIMAS

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...

Rexeitamento da Deputación de Lugo á instalación da planta Altri en Palas

A Deputación de Lugo manifestou a súa oposición á planta de Altri no municipio...