InicioPolíticaOs socialistas de Monterroso afean a Rico a terxiversación do feito na...

Os socialistas de Monterroso afean a Rico a terxiversación do feito na lexislatura

Os socialistas critican varias afirmacións do alcalde de Monterroso ao respecto do logrado na lexislatura que non se corresponden coa realidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A agrupación socialista de Monterroso saíu ao paso das declaracións do alcalde, Miguel Rico, ao respecto do conseguido na lexislatura, entendendo que varias afirmacións do rexedor por Independentes Terras do Asma non se corresponden coa realidade.

Os socialistas corrixiron a Rico en varios aspectos, comezando polo Plan de Protección do Casco Histórico, que o alcalde de Monterroso celebrou despois de anunciar no programa electoral que retiraría o proxecto. Tampouco sentou ben na formación o feito de que vendera como propio o convenio da vivenda comunitaria que o anterior goberno socialista e maila Deputación asinaron para equipar a residencia e a rehabilitación do edificio anexo.

Outro punto polémico é o referido aos impostos. Rico falou de “baixada xeralizada de impostos”, cando, en realidade, o executivo de INTA aumentou a contribución que soporta a veciñanza de Monterroso. Despois de que o Goberno central subise o Imposto de Bens Inmobles (IBI) vía decreto lei durante a presidencia de Mariano Rajoy, o Concello decidiu situar o gravamen no 0,5 por cento, cando antes estaba fixado no 0,44.

Tampouco están dispostos a pasar por alto as afirmacións ao respecto da “revisión do prezo da auga e a mellora na rede de saneamento”. Explican no grupo socialista que Rico “aínda non fixo ningunha revisión en relación ao prezo da auga no municipio”, e que a rede de saneamento sigue “exactamente igual” tres anos despois. “Foi o anterior goberno socialista o que adquiriu os terreos para a depuradora, e dende entón nada máis se avanzou”. E non están conformes coa situación do polígono industrial, polas queixas que, din, teñen rexistrado entre os usuarios pola contrución de vías de acceso único.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...