InicioA UlloaAntas de UllaAntas de Ulla acollerá a fundación dun partido contra o baleirado do...

Antas de Ulla acollerá a fundación dun partido contra o baleirado do rural galego

A Plataforma Interior Galego Vivo convoca unha asemblea fundacional para o vindeiro mes de maio.

PUBLICADA O

Novos movementos veciñais contra o baleirado do rural galego. A coordinadora da Plataforma Interior Galego Vivo vén de informar dunha reunión semipresencial sostida en Sober o pasado sábado 22 de xaneiro na que se acordou, entre outras cuestións, convocar a Vª Asemblea do colectivo para o mes de maio en Antas de Ulla, á que están chamadas a participar todas as persoas, asociacións e candidaturas que integran IGV e aquelas que concorden cos seus principios.
Segundo destacan dende a plataforma, a asemblea servirá para decidir o programa básico, partindo dos documentos xa traballados na Asemblea do Courel, en defensa da vida digna no interior galego, e darase forma legal á Plataforma, iniciando, ademais, o traballo cara as eleccións municipais 2023, ás que prevén confluír como plataforma política.
“Entre as temáticas que se abordarán nos vindeiros meses especificamente estarán a
ausencia de políticas públicas de vivenda, que xa provoca falta de oferta de alugueiro
para mocidade que quere vivir no rural, a necesidade dun plan de mobilidade que conecte as parroquias rurais coas vilas, máis aló da mobilidade asociada ao turismo, ou o desenvolvemento dunha proposta de fiscalidade específica para o rural, que permita fixar poboación e combater as desigualdades”, explican dende a plataforma, que inciden tamén en que continuarán coa denuncia “das carencias de Atención Primaria e Pediatría no interior” da Comunidade.
Entre as persoas participantes, en presenza ou telematicamente, estiveron concelleiras e
concelleiros de Por Chantada, Alternativa Veciñal de Antas de Ulla, Courel Vivo,
Agroma Sober, Xuntos por Chandrexa e Xuntos por Laza, grupos que, segundo destacan, xa teñen activas liñas de traballo de cara as Eleccións Locais de 2023. Esta será a base dun movemento que pretende configurarse de cara ás vindeiros municipais  apoiado tamén por movementos veciñais diversos, como comunidades de montes, asociacións feministas, movementos sociais e plataformas en defensa do ferrocarril e contra os proxectos eólicos invasivos.
+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...