InicioA UlloaAsí está o mercado do traballo en Lugo

Así está o mercado do traballo en Lugo

No último ano, e segundo os datos do Ministerio de Empleo, Lugo liderou o incremento de postos de traballo en Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo ten 19.698 parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) dos 173.709 que hai no conxunto de Galicia. Son datos a febreiro de 2019, o que indica que o pasado mes diminuiu minimamente o desemprego con respecto a xaneiro deste mesmo ano.

Deste xeito, e segundo os datos do Ministerio de Empleo, foron 238 lucenses os que atoparon traballo durante o pasado mes, un 1,41% con respecto a xaneiro, o maior crecemento en Galicia, cuxa media foi dun 0,62%.

Así, o número de parados baixou na comunidade en 1.091 persoas en febreiro en relación con xaneiro, fronte ao incremento en 3.279 desempregados no conxunto estatal (+0,1%). O desemprego caeu en todas salvo en Pontevedra, onde se rexistrou un aumento do 0,09%, con 59 parados máis, até 69.267. Descendeu un 0,33% en Ourense (64 menos e un total de 19.297) e un 1,22% na Coruña (848 menos, até 68.447).

De feito, nun ano, os parados diminuíron nas catro provincias galegas, lideradas de novo neste caso pola redución de Lugo (-9,66%).

SEGURIDADE SOCIAL

No tocante á seguridade social, tamén houbo novas altas en febreiro en Lugo que acadaron as 119, o que supón un incremento de 0,1%, e chegan a 120.696 persoas. No conxunto de Galicia a cifra incrementouse en 4.940 afiliados en comparación co mes anterior, un 0,5% máis que en xaneiro.

Por provincias, os afiliados en febreiro respecto de xaneiro na Coruña soben en 2.577 (+0,61%) até 428.387; seguidos do total de 347.096 en Pontevedra (1.958 máis, un 0,57%). En Ourense auméntase en 286 e consegue os 101.132, un 0,28% máis.

En taxa interanual hai unha caída de 94 cotizantes en Ourense (-0,09%), mentres o resto elévanse: Pontevedra (+2,55%), A Coruña (+2,08%) e Lugo (+1,29%).

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...

Lugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de 300 voces arredor de poemas de Manuel María

O Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acollerá o vindeiro 15 de maio o...