InicioA UlloaFacenda levoulle dous millóns aos gandeiros mozos de Lugo

Facenda levoulle dous millóns aos gandeiros mozos de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os gandeiros mozos da provincia de Lugo que recibiron axudas por parte da administración autonómica pola súa primeira incorporación á actividade agraria, tiveron que pagar a Facenda, segundo informou hoxe o sindicato Unións Agrarias, uns dous millóns de euros por eses ingresos en tan só catro anos.

Foi unha das cifras que puxo hoxe sobre a mesa o responsable de Área Externa de Unións Agrarias, Félix Porto, no transcurso dunha reunión con mozos gandeiros “afectados as taxas abusivas da Axencia Tributaria sobre as axudas por incorporación á actividade agraria e plans de mellora das explotacións”.

O portavoz sindical destacou que dos 1.000 mozos afectados en toda Galicia por esas “taxas abusivas”, uns “catrocentos están na provincia de Lugo”, polo que aproveitou a ocasión para pedirlles que revisen o que tributaron nos últimos anos e presenten as correspondentes reclamacións cando consideren que pagaron máis do que lles correspondía.

En canto ás axudas recibidas por eses catrocentos afectados, Porto aclarou que a Axencia Tributaria quedou cuns “dous millóns de euros” deses ingresos entre os anos 2014 e 2017, algo que, desde o seu punto de vista, non ten ningún sentido. Segundo Porto, é “absurdo” que se lles concedan axudas aos mozos para incorporarse á actividade agraria e logo teñan que devolver parte dese diñeiro á administración en forma de impostos.

Por outra banda, pediu á administración unha maior protección para os mozos gandeiros que tentan incorporarse con garantías á actividade agraria e puxo o exemplo do titular dunha explotación que quixo ampliar a potencia eléctrica da súa granxa e “Fenosa pasoulle unha factura de 54.000 euros”.

“Son situacións que non ten fácil explicación”, dixo Porto, quen tamén engadiu que non coñece “a ninguén nunha cidade que pedise ampliar a potencia do seu negocio e a subministradora cobráselle o gasto de instalación da liña e até unha reforma nun transformador”. “Ten que ser a Administración a que lle dea solución a este tipo de asuntos”, insistiu.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...