InicioA UlloaPais e nais de Monterroso quéixanse do equipo de fútbol sala femenino

Pais e nais de Monterroso quéixanse do equipo de fútbol sala femenino

Denuncian problemas de loxísitica e de "igualdade de oportunidades no deporte".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Pais e nais de Monterroso quéixanse do equipo de futbol sala feminino por problemas de loxísitica e de “igualdade de oportunidades no deporte”. Aseguran que xa transmitiron o seu descontento á corporación municipal e ao propio club, sen solución ningunha.

Expoñen que durante toda a liga tiveron as mesmas problemáticas: “Quedar sen adestramento por non estar a cúpula dispoñible porque o día seguinte é día de feira e o pavillón do Lorenzo Varela, se chove non está apto; chegar o día de partido e atopar a pista totalmente mollada sen poder xogar e ser as adestradoras e pais/nais os que xestionen poder ir xogar a outro concello próximo; e o último acontecido, chegar o día de partido e atoparse a pista con aceite e graxa, dun evento o día anterior.

Reclaman que tanto o club como o Concello xestionen todas estas problemáticas, atendendo ao calendario que “xa especifica que partidos se xogan na casa”. Tamén lamentan a ausencia do concelleiro de Deportes que nesta liga “nunca asitiu a un partido de fútbol sala feminino”. Precisamente indican que o concelleiro a única solución que lles trasladou ás adestradoras foi que o equipo tiña que xogar a “un pavillón” que non cumple cos requisitos esixidos pola Federación.

Instan tanto ao concelleiro de Deportes, presidente da SD Monterroso e adestradoras a unha reunión urxente para atopar unha solución.

+ posts

ÚLTIMAS

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra...

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

O PP de Lugo acusa ao goberno provincial de “non ter estratexia turística”

“O goberno provincial de PSOE e BNG non ten estratexia turística para a provincia”,...

II Festa do Centenario de Rábade para o 31 de maio

O Concello de Rábade celebrará o próximo 31 de maio a II Festa do...