InicioSociedadeUrxen políticas contra a agravada desigualdade da muller rural

Urxen políticas contra a agravada desigualdade da muller rural

A Deputación vencella a defensa dos dereitos da muller rural coa supervivencia económica e social do campo galego

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo avoga por combater a grave desigualdade que sofre a muller nas políticas para o rural. O goberno provincial quere introducir a perspectiva de xénero para atallar o avellentamento, o éxodo no campo e a desordeación do territorio, problemáticas que vencella coa falta de oportunidades e de equidade nos recursos.

Así o reflicte a declaración institucional aprobada este 16 de outubro, Día Internacional da Muller Rural. O documento subliña o papel das mulleres coma cerna da supervivencia da sociedade e a economía alén das cidades. “Non haberá desenvolvemento no medio rural sen a contribución e participación das mulleres en todos os ámbitos e en especial na actividade económica e no emprendemento”.

Na provincia de Lugo hai 422,3 mulleres maiores de 65 anos por cada 100 menores de 20, unha desproporción agravada pola desigualdade de dereitos en comparación cos homes, e a falta de servizos que si existen para a poboación urbana. Por iso é fundamental, salienta o documento oficial, que as subvencións da Política Agraria Común (PAC) sexan xustas; en Galicia, máis da metade destas achegas teñen por destino unha muller, que percibe de media un 40 por cento menos, 2.115 euros por debaixo na contía.

“Nestes tempos de globalización e deslocalización, vivir no medio rural é tamén unha opción de filosofía e de modo de vida”. A declaración da Deputación conta co apoio da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur). A defensa na igualdade en dereitos e servizos debe promover asemade a conciliación da vida laboral e persoal, tamén nas explotacións agrarias, onde a muller comparte as tarefas “e aporta bens e traballo sen ter en moitos casos os mesmos dereitos que os titulares das mesmas”.  

Conferencia de igualdade no rural en Vilalba

O Partido Socialista de Vilalba organiza, coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais Agarimo, unha xornada aberta aos veciños para visibilizar a figura da muller rural. Celebrarase o venres na Escola Habaneira de Santaballa, ás 20.00 horas. Intervirán a voceira do grupo socialista, Elba Veleiro, a presidenta da Comisión de Igualdade no Congreso dos Diputados, Pilar Cancela, e a voceira de Fademur, Rosa Arcos.

“O futuro do rural pasa por integrar as mulleres en todos os ámbitos”, comentou Veleiro, que considera a causa pola igualdade no rural “un dos retos máis importantes da provincia”. Os socialistas galegos apostan por un plan xeral que promova o acceso da muller á formación e ao emprego, empoderando a través da visibilidade en todos os eidos, facilitando a conciliación, con énfase en erradicar a discriminación e a violencia de xénero.

Cláusulas a prol do emprego feminino

A Deputación incorporou novas cláusulas no prego de contratación da conservación da rede viaria provincial, fixando maior puntuación para as entidades co maior porcentaxe de mulleres no seu cadro de persoal, así como de traballadores fixos. Por outra banda, ontarán con maior puntuación as ofertas que presenten melloras con respecto ao convenio do sector, as que conten con vehículos eléctricos, e as procedentes da pequena empresa. A partida comprende un total de 6,4 millóns para a conservación das oito zonas nas que está dividida a infraestrutura.

ÚLTIMAS

Unha empresa galega presenta o seu proxecto para unha mina de cuarzo en Abadín e admite que terá cinco impactos “moderados” sobre o medio...

A empresa galega Norsil, dedicada á explotación e comercialización de recursos mineiros desde o ano...

Un informe de Adega revela os datos reais de emisións e verteduras que Altri pretende ocultar

Un informe de Adega sinala que Altri oculta emisións no seu estudo de impacto ambiental e...

A Deputación presenta un plan invernal para estradas con 420 toneladas de sal e 112 traballadores

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este mércores en Pedrafita...

Senadores de Lugo polo PP critican que o Goberno non quere rebaixar a protección do lobo

Os senadores do PP de Lugo criticaron que o Goberno central "non ten intención...