InicioEconomíaA competitividade empresarial non evitou o pronunciado despoboamento da Ulloa

A competitividade empresarial non evitou o pronunciado despoboamento da Ulloa

Malia contar con empresas líderes no crecimento do valor engadido, catro de cada dez habitantes deixaron a comarca dende 1981

PUBLICADA O

- Advertisement -

Hai escasos dez días, A Ulloa era noticia por liderar o crecimento do valor engadido bruto empresarial en Galicia. Cun estratosférico aumento do 700 por cento dende 1994, data en que Ardán –servizo de estatística do Consorcio Zona Franca de Vigo– comezou a recoller datos, era a comarca con mellor evolución, por diante da Coruña e Terra de Trives. O informe tamén deixaba datos positivos para a estrutura empresarial da provincia de Lugo, a segunda que máis medrara, con 173 puntos porcentuais. Porén, estes signos do dinamismo do centro xeográfico da comunidade galega contrastan co declive continuado da poboación na Ulloa.

Dende que o Instituto Galego de Estatística elabora series censais, os datos dos tres concellos da Ulloa falan dun descenso significativo: catro de cada dez habitantes marcharon no periodo comprendido entre 1981 e 2017, ata o mínimo de 9226 empadroados. O peor dato é o de Antas de Ulla, concello no que desapareceu máis da metade da poboación. Con todo, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Consellería de Medio Rural salientaron recentemente o papel da empresa local Pazo de Vilane coma líder do sector avícola e dinamizadora do emprego no contexto do plan Leader.

O segundo peor rexistro é o de Palas de Rei, que perdeu a categoría de municipio máis grande da comarca. Nel resiste algo máis da metade do censo de 1981, a pesar de que lidera os indicadores de xestión e concentración empresarial na Ulloa. E a mellor situación, malia a perda de capital humano, é a de Monterroso, que retén ao 77 por cento dos habitantes. O certo é que a situación da comarca é semellante á do resto da provincia: tan só Lugo capital e A Mariña Central obtiveron un saldo positivo dende a década dos oitenta, con pobres perspectivas dende a chegada do novo século.

A PROVINCIA DE LUGO CONVERXE COA MEDIA GALEGA, MAIS NON ABONDO

A provincia de Lugo mellorou o posicionamento das empresas con respecto ao eixo atlántico, pero cun ritmo insuficiente. Medrou por enriba do Produto Interior Bruto galego en valor engadido bruto, cun aumento salientable nos indicadores de boas prácticas empresariais. Na última década chegou aos 174 indicadores de competitividade Ardán, acurtando distancias coa provincia da Coruña e mantendo o terceiro posto no total de mellores empresas galegas.

Esta perspectiva é aínda máis pronunciada na propia comarca de Lugo, a terceira en número de empresas de alto rendimento en Galicia, e a cuarta en empresas ben xestionadas. Aliás, este modelo non xera a riqueza necesaria. A provincia está á cola en grandes empresas, aquelas cunha facturación por enriba de 50 millóns. Tan só o 0,4 % das entidades lucenses entra nesa categoría, o que supón a metade da media galega. E unicamente 82 empresas contan con máis de 50 empregados. Estes pobres datos contribúen a explicar como é posible que a provincia de Lugo perdera 71.743 habitantes dende 1981.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...