InicioSociedadeO ritmo de contaxios mantense baixo mínimos na provincia de Lugo

O ritmo de contaxios mantense baixo mínimos na provincia de Lugo

Os casos activos baixan nun ata os 27.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Na área sanitaria de Lugo continúan tres persoas ingresadas en críticos e xa non quedan hospitalizados noutras unidades –sen cambios–. Os novos contaxios rexistrados nas últimas horas non superan os tres e os casos activos baixan nun ata os 27, de maneira que a pandemia se atopa baixo mínimos e nunha situación de estabilidade en toda a provincia.

A nivel galego, o país pecha o seu primeiro fin de semana fóra da emerxencia sanitaria cun aumento dos contaxios, que soben a 34, e dos casos activos, 415. Sobe tamén lixeiramente a taxa de positividade, ata o 1,61%, pero baixan a 25 as hospitalizacións –unha menos–. Segundo os datos actualizados este domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste sábado, hai sete persoas ingresadas en UCI -sen cambios–, mentres que en unidades convencionais permanecen 18 persoas hospitalizadas -unha menos–.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test– sobe lixeiramente ata o 1,61% tras baixar ata o 1,11% o sábado, desde o máis do 2% da xornada anterior, e tras subir ao 1,09% o xoves, despois de descender ao 0,48% o mércores, incrementarse o martes ao 0,84% e comezar esta semana cun 0,51%. No entanto, mantense por baixo do 5% que a OMS fixa como limiar para considerar controlada a pandemia.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo adxudica por 300.000 euros obras en Adolfo Suárez e na estrada de Pantón

A Deputación de Lugo deu luz verde a dúas novas actuacións na rede viaria...

Deputación inviste case 300.000 euros para proxectos viarios en Lugo e Pantón

A Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación de dous proxectos para continuar...

O Concello de Lugo lamenta que a Xunta non lles transmita información sobre o Plan Director da Muralla

O Concello de Lugo solicitou oficialmente á Xunta de Galicia a entrega do Plan...

O claustro do Museo Provincial acollerá as xornadas sobre patrimonio arqueolóxico lucense

As IX Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense centraranse no Claustro do...