InicioSociedadeA área de Lugo mantense por riba dos 100 casos novos diarios

A área de Lugo mantense por riba dos 100 casos novos diarios

A presión hospitalaria estáncase nas 31 persoas ingresadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia suma, nas últimas 24 horas, outros 560 novos contaxios por covid. Aínda que os casos continúan subindo, fano a un ritmo máis lento –na última xornada foron 710– e, por primeira vez en semanas, móvense ao redor do medio centenar. As infeccións activas continúan, ademais, á baixa, con 10.878 (492 menos).

Segundo os datos publicados este domingo pola Consellería de Sanidade (con información solicitada ata as 18,00 horas deste sábado), sinalan que a taxa de positividade segue tamén á baixa e descende ata o 9,69%. Concretamente na área de Lugo, a presión hospitalaria estáncase nas 31 persoas ingresadas, cunha máis en unidades convencionais e unha menos na UCI.

Os casos novos soben en todas as áreas e a Lugo corresponden un total de 116. Tendo en conta esta cifra e tamén a de persoas que remataron a corentena, o número de persoas que se manteñen con infección activa na área de Lugo é de 1.232 (tres infeccións activas menos ca na xornada anterior).

No resto de áreas, a situación epidemiolóxica é a seguinte: lidera Santiago-Barbanza, con 127 novos contaxios; á que segue A Coruña, con 119; (Lugo, 116); Vigo, 73; Ferrol, 52; Ourense, 41; e Pontevedra, 32. Con respecto ao número total de persoas coa infección activa, este descendeu en Galicia ata os 10.878 casos (492 menos), e baixou en seis do sete áreas, só se incrementou na de Santiago-Barbanza, con 1.220 (+32).

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...