InicioSociedadeSoben os contaxios en aulas educativas na provincia de Lugo

Soben os contaxios en aulas educativas na provincia de Lugo

O CEIP de Celeiro segue como o centro con máis casos, dez --dous máis--.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 en centros educativos de Galicia seguen en descenso e redúcense a 468, que supoñen 22 menos, mentres as aulas inoperativas baixan a 19 –dúas menos– e unha escola infantil continúa pechada en San Sadurniño (A Coruña).

Segundo os datos actualizados este martes polas consellerías de Educación e Sanidade, recollidos por Europa Press, a escola infantil da Rolada de San Sadurniño mantense como o único centro de Galicia pechado ao completo debido a un positivo.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden nas da Coruña (-28), Ourense (-6), Santiago (-5) e Pontevedra (-3), mentres que aumentan lixeiramente nas de Vigo (+5), Lugo (+3) e Ferrol (+1).

A área de Vigo segue á cabeza con 185 casos activos –cinco máis--, e mantense con 14 aulas inoperativas.  A continuación a de Lugo colócase con 65 infeccións activas –tres máis– e mantense sen aulas pechadas. O CEIP de Celeiro segue como o centro con máis casos, dez –dous máis–.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...