InicioSociedadeA Covid mantense estable en Lugo con só 13 novos contaxios nas...

A Covid mantense estable en Lugo con só 13 novos contaxios nas últimas horas

Nos hospitais da área atópanse doce persoas, e tres delas en críticos (unha máis).

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte mantense estable en canto á situación epidemiolóxica. Os casos activos rexistraron unha moi lixeira suba ata os 234, o que supón un incremento con respecto á xornada anterior dunha soa persoa. Ademais, segundo os datos publicados este sábado pola Consellería de Sanidade, solicitados ata as 18,00 do venres, nas últimas horas rexistráronse 13 novos contaxios. Nos hospitais da área mantéñense doce persoas (unha menos), e tres delas en críticos (unha máis).

NO CONXUNTO DE GALICIA

Galicia inicia o terceiro fin de semana completo sen estado de alarma cunha caída da presión hospitalaria pola covid-19, xa que os ingresados descenderon en 14 e o total sitúase nos 107. Mentres tanto, os casos activos da enfermidade cumpren unha semana en baixada e colócanse nos 2.350 –50 menos–; e os novos contaxios detectados por calquera tipo de proba en 24 horas diminuíu a 110 –33 menos–. No que respecta á presión hospitalaria, do global de 107 ingresados hai 79 en planta –14 menos– e 28 en unidades de coidados intensivos –mantéñense–.

Desde o inicio da pandemia Galicia realizou 2.241.777 PCR, o que permite deducir que nas últimas 24 horas fixéronse 5.432 probas. Son unhas 1.500 menos que o día anterior. Polo seu lado, a taxa de positividade mantense no 2%, valor máis alto da semana pero que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

 

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...