InicioSociedadeA Covid nos colexios de Lugo: 163 contaxios e nove aulas pechadas

A Covid nos colexios de Lugo: 163 contaxios e nove aulas pechadas

O centro educativo máis afectado é o IES Santiago Basanta Silva de Vilalba.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia notifica este sábado un total de 163 casos activos de Covid-19 nos centros educativos da provincia de Lugo, o que supón unha baixa de cinco contaxios respecto do día anterior. Ademais, as clases pechadas pola pandemia estabilízanse en nove. 

Entre os colexios lucenses, o máis afectado é o IES Santiago Basanta Silva de Vilalba, que rexistra sete persoas con coronavirus, seguido do IES Ánxel Fole e o CEIP A Ponte, ambos en Lugo, con seis positivos cada un.

EN GALICIA

No conxunto de Galicia, as cifras actualizadas ás 18,00 horas do venres suman un total de 1.187 casos totais na comunidade educativa galega, o que implica unha continuación da tendencia á baixa nos casos activos da enfermidade. A pesar desta lixeira mellora, as clases pechadas por casos de coronavirus aumentaron en cinco, ata situarse nas 51 en toda Galicia

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...