InicioPolíticaIndependentes por Monterroso piden ao alcalde Antonio Gato que abandone a formación

Independentes por Monterroso piden ao alcalde Antonio Gato que abandone a formación

Gato presentouse ás eleccións baixo esta candidatura independente, que censura que o rexedor se apartase da "disciplina de grupo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz de Independentes por Monterroso (IxM), Rocío Seijas, pediu ao alcalde, Antonio Gato, que deixe a formación política baixo a que concorreu ás eleccións municipais despois de que, a pasada semana, relevase aos seus compañeiros de siglas como tenentes de alcaldes e alcanzase un pacto de gobernabilidade cos edís de PSOE e Compromiso por Galicia (CxG).

A lista de Independentes por Monterroso encabezada por Antonio Gato foi a máis votada nas eleccións municipais do pasado maio, que depararon unha coporación neste municipio lucense composta por catro edís independentes, tres do PSOE, tres do PP e un de Compromiso.

Tras ser investido alcalde por maioría simple grazas aos catro votos da súa formación –o resto de grupos votaron polos seus candidatos–, Antonio Gato decidiu a pasada semana prescindir como tenentes de alcaldes dos tres concelleiros de Independentes por Monterroso, quen, no entanto, non recibiran ningún tipo de competencias no goberno municipal.

Este martes, Rocío Seijas –unha das tenentes de alcalde relevadas– reclamou a Gato que abandone a formación coa que se presentou ás municipais de maio por incumprir “a disciplina de grupo”.

“É unha persoa que se aparta da disciplina do grupo, que nos cesa ao tres tenentes de alcaldes cando non nos deu ningún tipo de competencia. E agora decide pactar con outros grupos políticas e darlles as tenencias de alcaldía, polo que non ten sentido ningún seguir na mesma formación política”, asegurou.

DESCARTAN UNHA MOCIÓN DE CENSURA

Con todo, a portavoz de Independentes descarta presentar xunto co Partido Popular unha moción de censura contra Gato. “Non nos expomos facerlle unha moción de censura, o que expomos é solucionar isto e dar estabilidade ao pobo”, subliñou.

Ademais, Seijas afeou que Gato non manteña ningún “tipo” de diálogo cos seus compañeiros de lista. Mesmo, relatou que contactaron con el cando estivo ingresado no Hospital de Lugo durante 15 días, pero, sostén, Gato non contestou. “Mandámoslle un ‘whatsapp’ e tentamos tamén falar con el, pero está pechado en banda connosco”, incidiu.

A situación é moi complicada. O que nós queremos é o ben do pobo”, sentenciou a edil.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...