InicioLugo e contornaLugoO BNG vincula o cesamento dunha supervisora da UCI do HULA ao...

O BNG vincula o cesamento dunha supervisora da UCI do HULA ao “abuso que fai o PP dos cargos de libre confianza”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz de sanidade do BNG no Parlamento de Galicia, Montse Prado, vinculou este luns o cesamento dunha supervisora da UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) ao “abuso que fai o PP dos cargos de libre confianza” na Xunta de Galicia.

Os nacionalistas presentaron, do mesmo xeito que fixo Eva Solla de En Marea a pasada semana, unha pregunta “para a súa resposta oral na comisión quinta, relativa á realización dunha auditoria para xustificar o cesamento dunha supervisora da UCI do HULA”.

Na pregunta ponse de manifesto que “a través dos medios de comunicación” tiveron “coñecemento do cesamento” despois de “catro anos desempeñando ese cargo, en base ao resultado dunha auditoria interna encargada pola dirección”.

Segundo a información que dispoñen no BNG devandito informe, que levou á destitución desta traballadora, “foi realizado por cargos directivos que son xuíz e parte como é o caso da directora de Enfermaría que consta como a que toma a iniciativa de pedir a auditoria, realizala, e que con base ao informe que ela mesma firma emite informe de cesamento”.

“Cesamento -engade a interpelación- que se realiza en primeiro lugar de forma verbal por parte da Directora de Enfermaría, manifestamente incompetente para realizalo”, expón. Prado aclarou que os nacionalistas “non” cuestionan “o cesamento dun cargo de confianza, senón o uso que se fai destes cargos, porque é unha evidencia que o PP está a abusar destes cargos de libre confianza para que sexan parapetos para levar a cabos as súas políticas de recortes”.

“Hai unha folla de ruta para os recortes en sanidade (na Xunta), e cando esas persoas non son sumisas á súa folla de ruta actúan de forma despiadada e sen ter en conta as consecuencias”, alerta Prado. Ademais, salientou que isto “é un aviso para navegantes”, deixando caer que se chegou a esta situación porque a supervisora se queixou “pola falta de persoal e de medios” no devandito servizo, a UCI, do HULA.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...