InicioLugo e contornaLugoInvestigan a un home como presunto autor dun incendio forestal en Vilalba

Investigan a un home como presunto autor dun incendio forestal en Vilalba

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Lugo, en colaboración con axentes forestais do Distrito X Terra Chá, esclareceron un incendio forestal rexistrado o pasado mes de febreiro en Vilalba.

En concreto, os axentes tomaron declaración a un home como presunto autor dun incendio ocorrido o 23 de febreiro no lugar de Penaserra, en San Simón da Costa.

O lume produciuse cando o investigado estaba a realizar unha queima de matogueiras sen permisos e sen adoptar medidas preventivas. O escape das chamas queimou 0,08 hectáreas de superficie rasa.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Vilalba. No que vai de ano, un total de 15 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...