Home Ancares Moitas zonas da Montaña lucense sen Internet nin fixo por falta de liña en pleno século XXI

Moitas zonas da Montaña lucense sen Internet nin fixo por falta de liña en pleno século XXI

0
Moitas zonas da Montaña lucense sen Internet nin fixo por falta de liña en pleno século XXI
Unha antena para captar o sinal da Televisión / El Confidencial Internet

Uns cen veciños do centro urbano da capital municipal de Baralla, así coma outros moitos doutras zonas da Montaña lucense, non poden acceder a servizos como conexión a Internet ou teléfono fixo porque “non hai liñas suficientes para ofrecer” esa conectividad, segundo denuncia o Partido Socialista.

O portavoz socialista, Jaime González, explicou que “existen zonas onde non se pode ter un servizo de internet por cable“, o que, por outra banda, “impide aos usuarios cambiar de compañía por medo a perder o acceso” que xa teñen contratado.

Esa situación provoca “un monopolio” por parte dunha operadora concreta e obriga mesmo aos veciños dese municipio da Montaña de Lugo a contratar “servizos que non desexan, por exemplo a televisión” de pago, para “poder acceder a tarifas planas de móbiles”.

González lembrou que a situación é “tan grave” que a deputada Concepción Burgo xa presentou varias iniciativas no Parlamento de Galicia para esixirlle á Xunta que adopte algún tipo de decisión respecto diso. O portavoz socialista lembra que se trata dunha situación que está a limitar incluso a creación de tecido empresarial no municipio.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here