InicioLugo e contornaLara Méndez asegura que Lugo terá intermodal "en breve" se gaña Pedro...

Lara Méndez asegura que Lugo terá intermodal “en breve” se gaña Pedro Sánchez

A alcaldesa confía en que o anteproxecto presentado o pasado luns "vaia para adiante", non como os anteriores que resultaron errados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destacou este xoves o compromiso dos socialistas coa construción da estación intermodal, unha infraestrutura que a cidade terá “en breve” se Pedro Sánchez gaña as eleccións do próximo 28 de abril.

O ministro de Fomento, José Luís Ábalos, presentaba o luns no Concello o anteproxecto da futura intermodal, para a que estimou un investimento en torno aos 30 millóns de euros, co inicio das obras no 2020. En relación a esta cuestión, Méndez confiou en que, nesta ocasión, “vaia para adiante” este compromiso, tras varios anteproxectos anteriores que resultaron errados.

A alcaldesa subliñou que “a cidadanía cumpriu a maioría de idade” e “sabe perfectamente quen cumpre con publicacións no BOE, quen cumpre con tempos, quen cumpre con orzamentos”. Nese sentido, destacou o compromiso “firme” do Goberno socialista.

“É unha oportunidade que non debemos de volver desaproveitar e espero que así sexa, aínda que hai que ver o que ocorre o 28 de abril, que será unha data importante, porque, se segue o actual equipo de Goberno de Pedro Sánchez, estou convencida que será en breve”, explicou, en relación á construción da intermodal.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...