InicioTerra CháA PastorizaO ex presidente do CD Lugo ficha polo PP

O ex presidente do CD Lugo ficha polo PP

O empresario da construcción será candidato na Pastoriza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O empresario natural de Bretoña José Bouso, e ex presidente do CD Lugo entre 2004 e 20015, fichou polo PP e encabezará a lista deste partido na Pastoriza.

O que fora presidente do CD Lugo entre 2004 e 2015, a época de crecemento da entidade deportiva, afronta o reto, asegura, “convencido, con humildade e con moito traballo para recuperar a alcaldía”. Deste xeito, sinalan desde o partido conservador, coa fichaxe do candidato, a agrupación local afronta unha fonda renovación, liderando “un novo proxecto co que acadar a maioría absoluta”.

O alcaldable popular dedicouse como empresario ao sector da construción. “Os que me coñecen saben que me gusta estar, escoitar e falar coa xente. Iso é que aplico no meu día a día e iso é o que pretendo levar ao Concello”, conclúe.

“CAPACIDADE DE XESTIÓN”

A presidenta do Partido Popular na provincia, Elena Candia, non oculta a súa satisfacción pola designación do candidato. “Que Bouso aceptase a nosa proposta dá, sen lugar a dúbidas, un valor engadido ao traballo do PP neste municipio”.

Neste senso, destaca que “a súa capacidade de xestión e o forte vínculo que mantén coa nosa formación dende hai moitos anos, fano merecedor da nosa confianza e do noso respecto neste novo reto que lidera”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...