InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O Concello de Lugo, a través do Servizo de Cultura, pon en marcha «Cartas á Muralla 2026», unha iniciativa educativa e cultural coa que quere implicar os nenos e nenas da cidade na celebración do 26 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, que se conmemora o vindeiro 30 de novembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento de Fermín Rivera, que figura no convenio asinado o pasado mes de abril entre o Concello e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

O concello convocou á reunión desta comisión para o mércores 18 de novembro, ás 11:30 horas, no Salón de Comisións da Casa Consistorial.

Este órgano está formado por representantes das dúas Administracións: pola Confederación Hidrográfica, o director técnico e o secretario xeral, ou persoas nas que deleguen; e polo Concello, a alcaldesa e o xefe do Servizo de Medio Ambiente, ou persoas nas que deleguen.

O seu cometido, tal e como recolle a cláusula undécima do convenio, será coordinar o traballo, resolver as dúbidas que poidan xurdir e comprobar que se cumpren os compromisos asumidos por ambas as partes.

O investimento previsto para a renovación do saneamento de Fermín Rivera ascende a dous millóns de euros: 1,9 millóns achegados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e os 100.000 euros restantes polo Concello de Lugo.

Melloras en marcha na contorna de San Lázaro

Precisamente, na mesma contorna, o Concello iniciou esta semana as obras de pavimentación do Camiño Primitivo ao seu paso por San Lázaro da Ponte. Trátase dunha actuación independente da renovación do saneamento prevista no convenio coa Confederación, pero que tamén permitirá mellorar as infraestruturas e a seguridade nesta zona.

Os traballos abranguen aproximadamente 1,4 quilómetros, desde a conexión coa rúa Fermín Rivera ata a estrada LU-232. A intervención comeza coa limpeza das beiravías, cunetas e elementos de drenaxe, e inclúe a reparación dos puntos máis deteriorados da vía, a extensión dunha nova capa de aglomerado asfáltico e a adaptación dos elementos dos servizos existentes á nova pavimentación.

Unha das melloras destacadas será a delimitación dunha franxa de 1,20 metros destinada ao tránsito peonil, mediante sinalización horizontal. Tamén se instalará nova sinalización vertical, pasos de peóns e limitacións de velocidade a 30 km/h, co obxectivo de advertir da presenza de peregrinos e mellorar a seguridade nas interseccións. O proxecto contempla, ademais, a construción de dúas bases para contedores de residuos.

A obra conta cun orzamento de 217.051,36 euros.

Esta intervención impulsada polo concello de Lugo ( orzamento base da licitación 217.051,36 € ) permitirá renovar o firme dunha vía que presenta un importante deterioro e na que os peregrinos circulan actualmente pola calzada, mellorando así as condicións de tránsito tanto para as persoas residentes na zona como para quen percorre o Camiño Primitivo.

 

“CARTAS Á MURALLA”

O Concello de Lugo, a través do Servizo de Cultura, pon en marcha «Cartas á Muralla 2026», unha iniciativa educativa e cultural coa que quere implicar os nenos e nenas da cidade na celebración do 26 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, que se conmemora o vindeiro 30 de novembro.

A proposta forma parte da programación que está a preparar o Concello para celebrar esta efeméride e busca achegar o principal símbolo patrimonial da cidade ás novas xeracións, converténdoas tamén en protagonistas da súa conmemoración.

A actividade está dirixida ao alumnado de 1.º a 6.º curso de Educación Primaria dos centros educativos de Lugo. Os participantes deberán escribir unha carta manuscrita, integramente en lingua galega e dirixida á Muralla, na que poderán expresar libremente os seus sentimentos, lembranzas, reflexións ou desexos arredor do monumento, da súa historia e da importancia de coidalo e preservalo para as futuras xeracións.

Con esta proposta, o Concello pretende fomentar o uso do galego entre a infancia e promover a expresión escrita e a creatividade, recuperando tamén o valor da comunicación epistolar. A iniciativa ofrece aos escolares a oportunidade de dirixirse directamente á Muralla, como símbolo da historia e da identidade colectiva de Lugo.

Os centros educativos interesados poderán recoller as cartas do seu alumnado e realizar unha entrega conxunta ao Servizo de Cultura do Concello. O prazo de presentación remata o 22 de novembro de 2026. As cartas poderán remitirse por correo postal á Praza Maior, s/n, ou entregarse persoalmente nas oficinas do Servizo de Cultura, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Cada alumno ou alumna poderá presentar unha única carta, que deberá incluír o nome e apelidos, curso e centro educativo. Todos os participantes recibirán un detalle conmemorativo por parte do Concello, como recoñecemento á súa implicación nesta iniciativa.

Con «Cartas á Muralla 2026», o Concello incorpora á programación do aniversario unha proposta na que os escolares teñen a oportunidade de achegar a súa propia mirada ao monumento e participar na transmisión do seu valor ás novas xeracións.

+ posts

ÚLTIMAS

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Lugo efectúa traballos de conservación en ventás arqueolóxicas

Nas últimas semanas, o Concello levou a cabo tarefas de limpeza, restauración e selado...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...

O PSdeG de Baralla denuncia que o centro de saúde quedou sen médicos durante dúas xornadas e reclama solucións urxentes

O PSdeG de Baralla expresou a súa fonda preocupación tralo rexistro dunha situación pola...