Home Lugo e contorna Lugo Praza de Abastos e Mercado Municipal celebra unha campaña que premia compras cun cucurucho de castañas

Praza de Abastos e Mercado Municipal celebra unha campaña que premia compras cun cucurucho de castañas

0
Praza de Abastos e Mercado Municipal celebra unha campaña que premia compras cun cucurucho de castañas
A alcaldesa de Lugo, xunto co delegado territorial da Xunta de Galicia e as concelleiras de Industria e Mercados, Silvia Colmenero, e de Participación, Mar Carballas, participou na presentación desta campaña de dinamización comercial, que busca incentivar as compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal e promover o consumo de produtos de proximidade.  Elena Candia explicaba que “queremos situar a Praza de Abastos no centro da vida comercial de Lugo, poñendo en valor a calidade da súa oferta, a profesionalidade dos praceiros e praceiras e os alimentos de tempada como un dos seus principais reclamos”.
A iniciativa ten un dobre obxectivo: por unha banda, promocionar os mercados municipais e incentivar as compras nos seus postos de calidade; e, pola outra, lembrar a importancia de solicitar e conservar o tícket de compra, xa que é o xustificante da operación realizada e unha garantía dos dereitos das persoas consumidoras.
A campaña desenvolverase os días 5, 6, 7, 9 e 10 de novembro, en horario de mañá. Durante esas xornadas haberá un posto de castañas asadas entre ambos edificios da Praza e o Mercado. As persoas que realicen unha compra nos seus postos e que presenten o correspondente tícket poderán recibir un cucurucho de castañas de balde.
Con esta acción, que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, a Concellería de Industria e Mercados continúa impulsando iniciativas de promoción dos mercados municipais, poñendo en valor a súa actividade, os profesionais que traballan neles e a importancia de realizar as compras no comercio local e de proximidade.
+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here