Home Política Besteiro pide non esquecer as vítimas “non hai que estar hoxe con elas e deixalas mañá”

Besteiro pide non esquecer as vítimas “non hai que estar hoxe con elas e deixalas mañá”

0
Besteiro pide non esquecer as vítimas “non hai que estar hoxe con elas e deixalas mañá”
Minuto de silencio ante subdelegación do Goberno en Lugo.. PSDEG

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, trasladou este xoves en Lugo de novo a solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario ocorrido en Toledo e coas súas familias, e fixo un chamamento á unidade e ao acompañamento das persoas afectadas tamén nos próximos días.

Besteiro realizou estas declaracións antes de gardar un minuto de silencio ante a sede da Subdelegación de Goberno en Lugo en memoria das vítimas da traxedia. En nome do socialismo galego, expresou o seu “pesar” polo sucedido e enviou unha mensaxe de apoio ás familias das persoas falecidas, aos feridos que se están recuperando e ás persoas achegadas.

O dirixente socialista subliñou que neste momento a prioridade debe ser estar á beira das vítimas e das súas familias. “É un momento de máis unidade e de estar coas vítimas e coas súas familias”, afirmou, antes de insistir na importancia de manter ese compromiso máis aló das primeiras reaccións tras o accidente. “Hai que estar hoxe con elas e non abandonalas mañá”, remarcou Besteiro.

Besteiro lembrou tamén que Galicia coñece de preto as consecuencias dunha catástrofe ferroviaria, en referencia ao accidente de Angrois, e sinalou que esa experiencia “permite comprender mellor a dor das persoas afectadas e das súas familias”.

O minuto de silencio estivo presidido pola subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López. Ao acto asistiron tamén, entre outros, o vicepresidente da Deputación, Efrén Castro; o subdelegado de Defensa en Lugo, Juan José Fernández Arroxo; o tenente coronel da Garda Civil, Carlos Freire; o comisario xefe da Policía Nacional en Lugo, Luís Miguel Romeira; o portavoz do PSdeG en Lugo, Miguel Fernández; portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo; e a vicesecretaria xeral do PSdeG, Lara Méndez. En representación do Concello estivo a concelleira de Muller e Conciliación, Aurora Goás.

+ posts