Home Política 29N-Rueda reivindica en Lugo a o modelo de política “útil” do PPdeG para España

29N-Rueda reivindica en Lugo a o modelo de política “útil” do PPdeG para España

0
29N-Rueda reivindica en Lugo a o modelo de política “útil” do PPdeG para España
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, en Lugo. ÍÑIGO ROLÁN

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, animou este domingo aos lucenses a demostrar a fortaleza do partido na provincia o próximo 29N e impulsar así o modelo galego de política “real e útil” en España.

Tal e como trasladou o PPdeG en nota de prensa, Rueda proclamou durante a súa asistencia á pulpada de San Froilán que Galicia debe ser “o motor do cambio” para que Alberto Núñez Feijóo sexa o próximo presidente do Goberno de España.

Ante máis de 1.000 asistentes e acompañado pola a presidenta provincial e alcaldesa de Lugo, Elena Candia, o líder dos populares galegos afirmou que Lugo é a provincia onde se espera “o mellor resultado de toda España”, algo que é un “orgullo”, pero tamén “unha responsabilidade”.

Por iso, pediu un “esforzo máis” para dar a Galicia o Goberno central que merece e para que en maio de 2027 síganse “sumando máis alcaldes e alcaldesas”. “Temos que mandar unha mensaxe de que queremos seguir progresando”, subliñou.

Neste sentido, asegurou que Galicia é unha “terra de paz” e que as escenas de “violencia” vividas esta semana na Coruña “non a representan”. Ao fío diso, cargou contra o BNG por “non ser capaces de condenalas”.

Alfonso Rueda aproveitou a súa intervención para pór en valor a “estabilidade e moderación” do Goberno galego, que acaba de aprobar o proxecto dos orzamentos para 2027. Así, destacou os investimentos previstos para a provincia, pondo como exemplo as vivendas en marcha, que só na cidade de Lugo ascenden a 615.

Nesta liña, insistiu na importancia de seguir traballando e manter sempre “a maquinaria engrasada” e pediu continuar buscando a máxima confianza dos lucenses e os galegos. “O PP de Lugo sempre está onde hai que estar”, afirmou.

Pola súa banda, Elena Candia destacou que “teñen a oportunidade de pór no Goberno a Alberto Núñez Feijóo, unha persoa á que aprecian e apoian”. Ademais, expresou a súa confianza en que traballarán xuntos desde “a humildade”, que considera “a súa fortaleza”.

En canto aos orzamentos da Xunta, aseverou que o Goberno galego “goberna con orzamentos, para resolver os problemas da xente, como fan os alcaldes e o Goberno de Lugo”.

+ posts