Home Lugo e contorna Lugo O Concello de Lugo organiza unha vista a Ferrol para a botadura da fragata ‘Roger de Lauria’

O Concello de Lugo organiza unha vista a Ferrol para a botadura da fragata ‘Roger de Lauria’

0
O Concello de Lugo organiza unha vista a Ferrol para a botadura da fragata ‘Roger de Lauria’
Imaxe da mesa.. CONCELLO DE LUGO

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha visita a Ferrol o vindeiro martes, 27 de outubro, con motivo da botadura da fragata «Roger de Lauria» (F112), nas instalacións de Navantia Ferrol.

A iniciativa permitirá á veciñanza achegarse á cidade ferrolá e coñecer algúns dos seus espazos máis representativos, cunha visita ao Museo Naval e a outros lugares emblemáticos.

Lugo e Ferrol manteñen unha relación de irmandamento que favorece os vínculos institucionais entre ambas as cidades. Esta visita ofrece unha nova oportunidade para achegar a veciñanza lucense á cidade ferrolá, coñecer parte do seu patrimonio e descubrir espazos de interese como o Museo Naval.

A saída terá lugar ás 10:00 horas desde a Praza da Bretaña. As persoas interesadas poderán inscribirse de balde no Centro de Convivencia Fingoi o luns 26 de outubro, de 9:00 a 13:00 horas, ata completar o aforo.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here