InicioDeportesA X edición do torneo Lugo é Basket enfrontará ao Breogán co...

A X edición do torneo Lugo é Basket enfrontará ao Breogán co Boca Juniors

O partido será o mércores 9 ás 20.30 horas e conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación. As entradas xa están á venta

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, xunto con Salva Arco, director xeral do CB Breogán, Rubén Engroba, da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, e outras autoridades; presentaron o torneo Lugo É Basket, que celebrará a súa X edición o vindeiro mércores día 9, ás 20.30 horas no Pazo Provincial dos Deportes.

O partido enfrontará o CB Breogán co Boca Juniors arxentino, equipo que se proclamou  esta tempada campión da BCL Américas, o que lle dá dereito a participar na Copa Intercontinental FIBA 2026 que se disputará do 22 ao 27 de setembro en China.

O Vicepresidente destacou a “oportunidade para o breoganismo de ver un equipo como o Boca Juniors, con gran palmarés e traxectoria, e tamén para o equipo que se medirá a un dos grandes do baloncesto mundial”.

Entradas e streaming

As entradas para o partido xa están á venta na plataforma entradas.lugoebasket.es e tamén estarán dispoñibles o día do encontro na billeteira. Ademais, o partido poderá seguirse a través do apartado de retransmisións da web do Breogán.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...