InicioLugo e contornaLugoCandia resalta o investimento dos fondos europeos "con sentido común" para melloras...

Candia resalta o investimento dos fondos europeos “con sentido común” para melloras reais en Lugo

Elena Candia destacou a importancia de que os fondos europeos se executen "con sentido común, pensando sempre en que repercutan positivamente na cidade e que non se convertan nunha hipoteca para o futuro"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa, Elena Candia, deu a benvida ao conselleiro de Facenda e Administración Pública que inaugurou unha exposición con paneis informativos con imaxes e información sobre “a transformación económica, social e territorial de Galicia desde a súa incorporación á Unión Europea en 1986.

Elena Candia destacou a importancia de que os fondos europeos se executen “con sentido común, pensando sempre en que repercutan positivamente na cidade e que non se convertan nunha hipoteca para o futuro”. Neste sentido salientou a necesidade de aproveitar os recursos europeos para impulsar proxectos que respondan ás necesidades reais de Lugo e que deixen un retorno positivo e duradeiro para a cidadanía.

A mostra que hoxe se inagura percorrerá outras cidades galegas e poderá verse diante da Casa do Concello ata o vindeiro día 4 de setembro. Ao longo dos seus paneis, a exposición aborda tamén o significado da integración europea máis alá do financiamento, destacando valores como a cooperación institucional, a planificación a medio prazo, a solidariedade e a cohesión. A iniciativa ofrece unha visión divulgativa e accesible destes 40 anos de transformación e permite tamén reflexionar sobre os retos e oportunidades de futuro para unha Galicia plenamente integrada no proxecto europeo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...