Home Sucesos Evacúan en helicóptero unha ferida despois de caer dunha escaleira na Fonsagrada

Evacúan en helicóptero unha ferida despois de caer dunha escaleira na Fonsagrada

0
Evacúan en helicóptero unha ferida despois de caer dunha escaleira na Fonsagrada
Helicóptero 061

Unha persoa resultou ferida este venres tras sufrir unha caída desde unha escaleira no municipio da Fonsagrada, o que obrigou á súa evacuación nun helicóptero medicalizado.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o accidente produciuse pasadas as 12.00 horas no lugar de Vilarmaior, situado na parroquia de San Martín de Arroxo. Foi un particular quen deu a voz de alarma ao centro de emerxencias para solicitar asistencia.

A raíz do aviso, mobilizáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da Fonsagrada.

Debido ás lesións, os servizos sanitarios desprazaron ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tras ser atendido no lugar, o ferido foi trasladado a bordo da aeronave ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

+ posts