InicioDeportesMáis de 330 deportistas recibirán bolsas da convocatoria de axudas da Vicepresidencia...

Máis de 330 deportistas recibirán bolsas da convocatoria de axudas da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

A Xunta de Goberno aprobou este venres a resolución da convocatoria, que conta cun orzamento de 150.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno aprobou este venres a resolución provisional da convocatoria de axudas a deportistas individuais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que conta cun orzamento total de 150.000 euros.

Máis de 330 deportistas da provincia recibirán as bolsas, que oscilan entre os 300 e os 2.500 euros, e que pretenden recoñecer e apoiar a sua participación en competicións federadas sobre todo nas categorías de base.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro explicou que “a convocatoria trata de responder sobre todo ás necesidades de deportistas en etapas de formación, contribuíndo a colaborar nuns gastos que atenden fundamentalmente as familias, desde licenzas ou inscricións en competicións ata transporte ou material deportivo” e destacou que “a resolución é un reflexo do gran nivel competitivo de deportistas lucenses, con excelentes resultados nas súas participacións en probas tanto de nivel galego como internacional”.

As contías asignáronse en función dos resultados deportivos acadados en probas e campionatos en cada nivel de competición, desde campionatos provinciais ata europeos e mundiais, ao longo de 2025. A resolución publicarase no Boletín Oficial da Provincia ao longo da vindeira semana.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...