InicioPolíticaCxG leva perante a Fiscalía o uso das redes sociais do Concello...

CxG leva perante a Fiscalía o uso das redes sociais do Concello de Lugo

O candidato de Compromiso por Galicia en Lugo, Manuel Hurtado, afirma que non ten "outra opción" que denunciar o "uso partidista" das redes sociais do Concello

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – O candidato de Compromiso por Galicia (CxG) á alcaldía de Lugo, Manuel Hurtado, informou de que o partido trasladará á Fiscalía e á Valedora do Pobo o “uso partidista” das redes sociais que, ao seu xuízo, realiza o goberno local socialista no Concello.

Hurtado afirmou que, tras constatar que o executivo “non deixou de realizar unha utilización impropia das redes institucionais” a pesar da denuncia de CxG. Así, “a única opción” que lles deixa a alcaldesa, Lara Méndez, é “elevar o asunto a outras instancias”. De feito, afirmou que “trala denuncia da semana pasada, lonxe de cambiar, o único que fixo foi agravarse”.

“Por ética, non nos queda outra opción que pedir que outras instancias superiores apoien o dereito que temos os lucenses a obter unha información neutra, veraz e de interese público, como deberían ofrecer as canles institucionais do Concello”, insistiu o alcaldable por CxG.

Segundo Hurtado, empregar contas públicas “como altofalante” para a campaña electoral revela “un déficit de madurez democrática” dun goberno que “non distingue entre a acción institucional e a acción partidista”, e, sobre todo, “os nervios” dun partido “ao que semella que non lle saen as contas”, en relación ás eleccións locais do 26 de maio.

As eleccións do 26-M, as municipais das candidaturas minoritarias

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo aproba o plan parcial para o desenvolvemento da Cheda, onde construirán 304 novas vivendas

O Goberno local de Lugo deu luz verde este mércores ao plan parcial para...

A Xunta acusa ao PSdeG de utilización política dos usuarios da residencia das Gándaras

A conselleira de Política Social, Fabiola García, defendeu este mércores as obras postas en...

Interior destina 9 millóns de euros para a nova comisaría de Policía Nacional de Lugo

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, anunciou que a nova comisaría da Policía Nacional,...

Multa de 450 euros por chamar “borrego” ao que era presidente da Audiencia provincial de Lugo

Un veciño de Lugo, en prisión por outros delitos, aceptou este mércores unha condena...