InicioEconomíaA Deputación reivindica o potencial do tecido empresarial na entrega do Premio...

A Deputación reivindica o potencial do tecido empresarial na entrega do Premio PEME do Ano

Miguel Fernández participou este xoves na décima edición deste recoñecemento que convoca a Cámara de Comercio de España, a Cámara de Comercio de Lugo e o Banco Santander e que distinguiu este 2026 a empresa Logística Reyco

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este xoves no acto de entrega do X Premio Peme do Ano Lugo 2026, o galardón que pon en marcha a Cámara de Comercio de España, a Cámara de Comercio de Lugo e o Banco Santander. Nesta edición, a entidade galardoada con este recoñecemento foi para Logística Reyco, unha compañía de transportes con sede en Foz e case 30 anos de traxectoria, recoñecida pola súa expansión internacional, a súa estabilidade comercial e a súa forte aposta pola creación de emprego.

Durante o evento, que se celebrou na Palloza, o Deputado destacou a importancia de recoñecer o labor do tecido empresarial lucense e subliñou o papel das PEMES no desenvolvemento sostible do territorio.

“O apoio ás pequenas e medianas empresas é unha aposta polo desenvolvemento sostible e equilibrado dun territorio que segue ofrecendo oportunidades”, sinalou en referencia á excelencia das empresas galardoadas. Felicitou á Cámara de Comercio pola organización destes premios, que “conseguen ano tras ano poñer rostro ás empresas que fan medrar esta provincia”. E engadiu ademais que o conxunto de proxectos recoñecidos “demostran a diversidade e a fortaleza do tecido empresarial lucense”, que representa o 97% do tecido empresarial da provincia.

Nesta edición foron distinguidas tamén Transmedia Comunicacións e Prensa, co Accésit de Dixitalización e Innovación; Zuri Investiments, co Accésit de Formación e Emprego; Terras de San Martiño de Pacios, co Accésit de Internacionalización; e Gestión Gratelu, co Accésit de Peme Sostible.

Así mesmo, na categoría de Mención Especial ao Legado Empresarial, unha das principais novidades desta edición, foi distinguido o Grupo El Progreso pola súa longa traxectoria e ao seu impacto social e económico na provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...