InicioMovementos sociaisA Deputación pecha dous días de debate internacional sobre o coidado das...

A Deputación pecha dous días de debate internacional sobre o coidado das persoas maiores

Nunha das mesas redondas, a institución provincial tivo a oportunidade de difundir o seu modelo de residencias, centros de pequeno tamaño, asentados no rural da provincia e centrados nas persoas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, clausurou este sábado a 36 edición do Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía Vivir máis, vivir mellor: dignidade, dereitos e coidados que se celebrou no Pazo de San Marcos. Xunto ao Presidente da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía (SGXX), José María Faílde, e outras autoridades deu por pechada esta cita que encheu o Salón de Actos e reuniu a preto de 50 relatores e profesionais sanitarios, investigadores en envellecemento e ciencias sociais, xestores e responsables de políticas públicas e servizos sociosanitarios e persoas interesadas nos modelos de atención integral.

“Unha sociedade verdadeiramente avanzada é aquela que sabe coidar, acompañar e escoitar e que entende o valor de toda unha vida”, valorou o deputado para poñer fin a unha xornada na que a propia Deputación foi protagonista. Nunha das mesas redondas, a institución provincial tivo a oportunidade de difundir o seu modelo de residencias, centros de pequeno tamaño, asentados no rural da provincia e centrados nas persoas.

+ posts

ÚLTIMAS

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...

O PP ve como “unha peaxe” o convenio de 2 millóns de euros entre Deputación e Concello de Monforte

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, pregunta a Carmela López se a achega...