InicioLugo e contornaLugoO PP esixe a Carmela López que aparte "de maneira fulminante" a...

O PP esixe a Carmela López que aparte “de maneira fulminante” a José Tomé tras ratificarse a denuncia por acoso

Os populares consideran que a situación "non admite máis silencios" e acusan de "pasividade absoluta" á presidenta da Deputación de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular esixiron á presidenta da Deputación, Carmela López, explicacións sobre a situación do exdiputado socialista José Tomé, despois de que este martes a muller que o denunciou por suposto acoso sexual ratificase a súa denuncia. Nunha nota de prensa, os populares aseguraron que “se confirma a gravidade” dunha situación que, apuntaron, “non admite máis demoras nin silencios cómplices” por parte do goberno provincial.

“Ata cando pensa seguir sen facer nada Carmela López?”, cuestionaron, á vez que censuraron a “pasividade absoluta” da presidenta da institución por manter a José Tomé na institución provincial. Neste contexto, os deputados do PP mostraron a súa “profunda preocupación” pola imaxe que, na súa opinión, está a transmitirse da Deputación de Lugo, onde “se mantén a cadeira de brazos e o soldo a un presunto acosador sexual”.

Por todo iso, o Grupo Popular insta a Carmela López a actuar e a “porse de lado do feminismo e das mulleres afectadas”, apartando a Tomé “de calquera responsabilidade e representación institucional de maneira fulminante”. “O silencio xa non é unha opción; cada día que pasa sen tomar decisións, a presidenta da Deputación convértese en cómplice política desta situación”, resolveu a formación.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...