InicioPolíticaO BNG chama ao boicot do desfile militar de Vigo e denuncia...

O BNG chama ao boicot do desfile militar de Vigo e denuncia “propaganda españolista” nos colexios

A formación esixe paralizar a exhibición do Exército do vindeiro día 30 e acusa á Xunta de enterrar 900 millóns en defensa mentres a sanidade sofre carencias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG plántase contra a crecente presenza do Exército nas rúas e nos centros de ensino. A formación vén de presentar en Lugo a campaña ‘En Galicia: paz, soberanía e dereitos’. O seu obxectivo máis inmediato: esixir a suspensión do gran desfile militar previsto en Vigo. A fronte nacionalista chama a toda a poboación a manifestarse o vindeiro día 30 na cidade olívica.

Rexeitan frontalmente o que cualifican como unha “normalización do militarismo” promovida polo Estado e que conta co aval do Goberno galego. A secretaria nacional de Organización, Lucía López, e o líder de Galiza Nova, Artai Gavilanes, foron os encargados de debullar a ofensiva. Ambos alertaron de que as institucións están a fomentar unha perigosa “cultura da guerra” na sociedade galega.

MILLÓNS PARA DEFENSA EN PLENA CRISE

López puxo o foco no desvío de cartos públicos. A dirixente lembrou que a Xunta impulsou unha estratexia de seguridade e defensa que mobilizará máis de 900 millóns de euros na industria armamentística e aeroespacial galega. O Bloque denuncia que todos eses enormes recursos “deberían destinarse a cubrir carencias urxentes en sanidade, vivenda ou dependencia”.

Ademais, o BNG asocia o actual encarecemento da vida ao papel submiso da OTAN ante a estratexia dos Estados Unidos. Aseguran que os conflitos bélicos internacionais teñen consecuencias directas na suba da cesta da compra e dos combustibles en Galicia.

A GARDA REAL NOS COLEXIOS

A formación tamén amosou o seu total rexeitamento ás recentes manobras da Garda Real na provincia de Lugo. Os nacionalistas denuncian o uso de espazos educativos para facer descarada “propaganda militar e da monarquía” entre os nenos. “Estase empregando á rapazada para enaltecer o españolismo e reforzar a idea da sacrosanta unidade do Estado español”, criticou duramente Lucía López, acusando ao Exército de tentar coarse nas escolas para venderse como unha simple alternativa laboral.

Na mesma liña, Artai Gavilanes reivindicou o ADN antimilitarista de Galiza Nova. O líder xuvenil insistiu na necesidade de encher as rúas de Vigo o vindeiro 30 de maio para frear a exhibición das Forzas Armadas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Granxa Gayoso Castro acolle un curso de dixitalización de sistemas de xurro no que participan preto de 50 gandeiros

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este mércores na inauguración da...

O PP acusa ao BNG de “mala xestión” da Área de Cultura da Deputación por “xerar un alto número de renuncias”

O PP condena a “mala xestión” e a “falta de operatividade” da Área de...

Candia unificará as dúas brigadas municipais de reparación viaria

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Mobilidade e Obras, Antonio...

O colectivo Egeria presenta o libro Lugopoética 2025 coas conversas organizadas pola UNED

O salón de sesións da Casa do Concello de Lugo acolleu a presentación de...