InicioLugo e contornaLugoA Deputación potenciará o atractivo turístico da provincia en Amarante e Bilbao

A Deputación potenciará o atractivo turístico da provincia en Amarante e Bilbao

A institución terá presencia esta fin de semana en Expocidades e Expovacaciones, dúas citas destacadas no calendario nacional de promoción turística, nas que busca consolidar a imaxe do territorio como un destino atractivo e sostible

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Deputación de Lugo reforzará a súa estratexia de promoción do territorio amosando esta fin de semana os atractivos da provincia en dúas feiras turísticas destacadas no calendario nacional e internacional: Expocidades e Expovacaciones. A institución provincial terá presencia en ambas citas que se desenvolverán en Amarante (Portugal) e Bilbao desde este venres e ata o domingo, 10 de maio, co obxectivo de consolidar a imaxe do territorio como un destino atractivo e sostible.

Os expositores da Deputación contarán en ambos casos con información dos destinos e concellos da provincia de Lugo e tamén das dúas Reservas da Biosfera que xestiona, Ancares Lucenses e Terras do Miño.

Expovacaciones terá lugar no Bilbao Exhibition Centre e alí a Deputación de Lugo conta cun público fiel, que en moitos casos xa coñece o territorio e busca novidades, sobre todo no eido do turismo sostible e experiencial. Tamén ten unha cota importante de visitantes atraídos polo turismo de raíces, pois moitas das persoas que visitan o expositor da Deputación son parentes de emigrantes que marcharon ao País Vasco e continúan tendo moita vinculación coa provincia de Lugo. Trátase dunha feira con moitísimo seguimento que o ano pasado superou os 30.000 visitantes e 200 destinos turísticos.

Expocidades terá lugar este ano no Parque Multifuncional do Rossio de Amarante, en Portugal. Un evento que permitirá á Deputación dar a coñecer a provincia de Lugo no mercado portugués, onde continúa a ser bastante descoñecida. Ademais, a institución provincial terá a oportunidade de reforzar o traballo en rede e intercambiar experiencias no eido do turismo cos restantes territorios e membros do Eixo Atlántico.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...