InicioCulturaLugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de...

Lugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de 300 voces arredor de poemas de Manuel María

O concerto, o 15 de maio no Auditorio Fuxan Os Ventos, conta co colaboración da Vicepresidencia da Deputación e da área de Cultura do Concello de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acollerá o vindeiro 15 de maio o concerto As rúas do vento ceibe, unha produción de grande formato que reunirá oito corais galegas e a Orquestra Sinfónica de Pontevedra arredor de poemas de Manuel María, Rosalía de Castro e Celso Emilio Ferreiro.

O concerto estrea un proxecto cultural impulsado pola Fundación Manuel María, que propuxo ao compositor Carlos Seráns escribir a música para poemas de “As rúas do vento ceibe”.  Esa proposta inicial foi medrando para configurar o repertorio do concerto conformado por trece composicións -11 sobre  poemas de Manuel María e outras dúas sobre poemas de Rosalía e Celso Emilio Ferreiro -.

A interpretación correrá a cargo de voces de oito corais galegas -Coro do Hospital de Lugo, Coro Voces da Terra Chá, Coro Liceo de Vilagarcía, Coral Solfa de Compostela, Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra, Coro do IES A Xunqueira, Peque Coro in crescendo do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol e o Coro de Cámara Thalassa de Marín – e da Orquestra Sinfónica de Pontevedra,dirixida por David Fiuza.

A deputada de Cultura Iria Castro, a concelleira de Cultura Maite Ferreiro, o presidente da Fundación Manuel María Alberte Ansede e a presidente da Asociación Cultural Solfa Lucía Carreira presentaron este mediodía o concerto nun acto en que se destacou a excepcionalidade do concerto:  “un espectáculo único” e “inédito” que reunirá no escenario máis 300 persoas e que suporá a estrea absoluta da maioría das pezas.

Iria Castro subliñou “a colaboracion e entendemento entre sensibilidades e formacións musicais de toda Galiza neste proxecto cultural”. “Lugo sempre vai ser casa para este tipo de iniciativas e tamén para a Casa Manuel María”, que é un referente cultural para todo o país.

Maite Ferreiro destacou “a elección de Lugo para a estrea deste proxecto cultural de país, que reivindica os nosos autores e as nosas letras” e puxo en relevo que “se estree nun auditorio que leva  o nome de  Fuxan Os Ventos, outro nome fundamental da nosa cultura, nas vésperas da festa das Letras”.

Lucía Carreira expresou a “emoción compartida” polas formacións  que participaron na iniciativa mentras Alberte Ansede fixo fincapé na estrea en Lugo, primeira cidade dun itinerario que continuará en Pontevedra -29 de maio – e en Santiago de Compostela -30 de maio – . A este respecto, lembrou que “Fuxan Os Ventos, que lle dá nome ao Auditorio, foi a banda sonora da vida de Manuel María e un grupo que contribuiu enormemente a que Manuel María sexa, con Rosalía, o poeta galego máis musicado”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...