InicioSucesosRouban unha furgoneta e material municipal de Palas valorados en 20.000 euros

Rouban unha furgoneta e material municipal de Palas valorados en 20.000 euros

A Garda Civil investiga o roubo, perpetrado a pasada fin de semana na nave do parque móbil municipal de Palas de Rei, á beira do mercado gandeiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – A Garda Civil investiga o roubo perpetrado a pasada fin de semana na nave ubicada canda o mercado gandeiro de Palas de Rei, propiedade do Concello. Os ladróns levaron do interior unha furgoneta do parque móbil municipal e diversas ferramentas mecánicas. O montante subtraído acada os 20.000 euros.

En declaracións á axencia Efe, o alcalde Pablo Taboada explicou que os asaltantes forzaron a porta de entrada á nave, e que o roubo non foi descuberto ata o luns pola mañá, cando accederon os operarios municipais.

Consta a falta de cinco desbrozadoras, dúas motoserras, un soprador e un martelo pneumático. Esta maquinaria usada en varias campañas está valorada polo Concello en 7.000 euros. Xunto coa furgoneta, a perda estimada é de 20.000 euros.

Así o confirmou o rexedor, quen explicou que o roubo non suporá un gasto de reposición para o Concello. Será a compañía aseguradora a que asumirá o custe.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...