InicioPolíticaO PP provincial reclama que se abra de maneira inmediata a residencia...

O PP provincial reclama que se abra de maneira inmediata a residencia de Becerreá

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destaca que “para mellorar a seguridade en toda a provincia” defenderemos que o PSOE e o BNG “cumpran coas súas competencias en materia de emerxencias”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial Popular defenderán no pleno de mañá varias iniciativas encamiñadas a dotar de máis servizos aos lucenses, principalmente servizos de emerxencias e en materia de atención a maiores.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destaca que “para mellorar a seguridade en toda a provincia” defenderemos que o PSOE e o BNG “cumpran coas súas competencias en materia de emerxencias” tal e como recolle a lei e como esixe unha sentenza xudicial recente que avala a non continuidade do convenio para o funcionamento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo se a Deputación de Lugo non aportaba máis persoal para o seu funcionamento ao entender que a institución provincial é a que ten a competencia.

Por este motivo, defendemos que a Deputación de Lugo debe de impulsar a recuperación dos GES nas zonas que non dispoñen de cobertura e reforzar o persoal e mellorar as instalacións e medios dos parques comarcais do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento”, explicou.

A lei é clara e o xulgado así o recorda a PSOE e BNG: as Deputacións Provinciais deben garantir a prestación do servizo en Concellos de menos de 20.000 habitantes.

Ademais, os deputados populares recollerán outra sentenza xudicial en contra da Deputación de Lugo que esixe a PSOE e BNG a apertura inmediata da residencia comarcal de Becerreá para así dar cumprimento ao convenio asinado con todos os veciños deste municipio.

Antonio Ameijide explica que se defenderán tres medidas fundamentais para a apertura inmediata da residencia. “Acatar a sentenza e cumprir de inmediato as obrigas recollidas no convenio de colaboración e na súa addenda, garantindo a apertura efectiva do centro. Tamén, que a Deputación non presente recurso contra a resolución xudicial para evitar seguir atrasando un servizo esencial e impedir un posible incremento do gasto público en custas xudiciais. E, por último, cumprir cos convenios asinados con outros Concellos coma Folgoso do Courel ou Portomarín, entre outros, para evitar novos incumprimentos e posibles condenas xudiciais”, afirmou.

+ posts

ÚLTIMAS

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...

A Deputación reclama á Xunta un novo modelo de emerxencias na área da Montaña

  O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes aprobou instar á Xunta de...