InicioCulturaNova edición do curso de música medieval organizado pola Vicepresidencia da Deputación

Nova edición do curso de música medieval organizado pola Vicepresidencia da Deputación

O alumnado poderá empregar no curso estes instrumentos creados polo Obradoiro de Instrumentos do Centrad a partir da iconografía do Pórtico da Gloria e do Pazo de Xelmírez

PUBLICADA O

- Advertisement -

Corenta persoas de distintos puntos do Estado e doutros países – Portugal, Italia e Rusia– participan no curso de interpretación de música medieval Os Sons dos Camiños, que se imparte desde hoxe ata o domingo no Centro de Artesanía e Deseño.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro deu esta mañá a benvida ás alumnas e alumnos que recibirán sesións teóricas e clases individuais e grupais de canto, arpa medieval, cítola, laúd, salterio ou organistro da man de intérpretes de recoñecemento internacional como Manuel Vilas, Begoña Olavide, Paloma Gutiérrez del Arroyo, Peppe Frana e Francisco Luengo, que se encarga tamén da dirección e da coordinación do curso.

Trátase da cuarta edición do curso que situou Lugo nun lugar de referencia en formación e interpretación da música antiga e medieval e que pón en valor o patrimonio musical que alberga o Centro de Artesanía e Deseño (Centrad), nomeadamente as reproducións de instrumentos medievais da Colección de Instrumentos. O alumnado poderá empregar no curso estes instrumentos creados polo Obradoiro de Instrumentos do Centrad a partir da iconografía do Pórtico da Gloria e do Pazo de Xelmírez

Alumnado e profesorado ofrecerán un concerto final, cun repertorio traballado durante o curso, o domingo ás 17.00 horas na Capela de Santa María.

+ posts

ÚLTIMAS