InicioMedioambiente e PatrimonioA contorna da lendaria Cova da Serpe será acondicionada e sinalizada

A contorna da lendaria Cova da Serpe será acondicionada e sinalizada

A Deputación porá en valor a Cova da Serpe, que recibe 5.000 visitantes anuais, instalando paneis informativos, zonas de recreo e un miradoiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

Membros das Mancomunidades Veciñais de Montes de Anafreita e de Negradas asinaron coa Deputación un acordo para acondicionar a Cova da Serpe. Este atractivo turístico, de carácter lendario, atópase no límite entre os concellos de Friol e Guitiriz, próximo á etapa Miraz-Sobrado do Camiño do Norte. O goberno provincial instalará sinalización, paneis informativos, un área recreativa e un miradoiro. 

A Cova da Serpe, fogar de antigas lendas e senlleiro enclave natural, recibe cinco mil visitantes anuais. O interese que esperta está vencellado á proximidade doutros bens históricos, coma a Torre de Friol, do século XIII, ou a Fortaleza de San Paio de Narla, cen anos posterior, con importantes coleccións de etnografía incluídas na Rede Museística provincial.

Melloras na Cova da Serpe

Durante este mes, a contorna da cavidade recibirá melloras para facilitar a visita e o desfrute do lugar, visitado por centos de grupos de sendeirismo e afeccionados da bicicleta, ademais dos peregrinos e xentes das comarcas de Negradas e Anafreita. O miradoiro será o novo reclamo da Cova da Serpe, permitindo contemplar panorámicas da provincia, divisando incluso a capital e Os Ancares na distancia.

Así, crearase unha área recreativa con bancos, mesas e unha fonte; sinalizarase axeitadamente o camiño á Cova da Serpe, con frechas e indicacións; e instalaranse paneis informativos para dar conta do valor patrimonial da caverna. O monte acada 840 metros de altitude na Dorsal Galega, delimitando as provincias de Lugo e A Coruña.

A Cova da Serpe é un lugar máxico. Existe a lenda de que a filla do señor da Fortaleza de San Paio ocultouse nela co seu namorado, escapando do pai pola negativa deste á relación. Segundo o relato popular, na cova vivía unha monstruosa serpe que mordeu ao home cando tentaba acabar con ela. Rescatada, a moza pechouse no castelo, sumida nunha profunda tristeza pola perda do seu namorado.

ÚLTIMAS

Dous detidos por causar 17 incendios forestais en parroquias de Vilalba

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita de...

Cristina Lombao será a pregoeira do San Froilán 2025 e Branca Villares lerá a ofrenda a Rosalía

A xornalista Cristina Lombao será a encargada de pronunciar o pregón do San Froilán 2025,...

Lugo lanza 640 accións formativas para impulsar a dixitalización no rural

A Deputación de Lugo pon en marcha este mes o programa “E para dixitalizarse...

Varias denuncias de lucenses vítimas dunha estafa piramidal con criptomoedas

Numerosos veciños de Lugo e da provincia denunciaron ser vítimas dunha estafa piramidal vinculada á...