InicioCulturaInaugurada no Museo Provincial de Lugo unha mostra tiflolóxica que explora a...

Inaugurada no Museo Provincial de Lugo unha mostra tiflolóxica que explora a relación entre a escultura e a danza

A deputada de Cultura Iria Castro asistiu ao acto inauguración no que as persoas asistentes participaron nunha visita guiada da man de Ánxeles Miguélez, membro do departamento de didáctica da Rede Museística e persoa con discapacidade visual

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este mediodía inaugurouse no Museo Provincial de Lugo a exposición “TOCA “R”, DANZA “R”, cunha docena de esculturas procedentes do Museo Tiflolóxico da ONCE, creadas tanto por artistas con discapacidade visual grave como por autores sen ella, que teñen como nexo temático a danza,.

A deputada de Cultura Iria Castro asistiu ao acto inauguración no que as persoas asistentes participaron nunha visita guiada da man de Ánxeles Miguélez, membro do departamento de didáctica da Rede Museística e persoa con discapacidade visual.

A exposición explora a relación histórica entre a escultura e a danza, dúas disciplinas que comparten o corpo humano como canle de expresión, así como o uso do espazo, o tempo e o movemento. Mentres a danza transforma o corpo nunha escultura dinámica, a escultura fixa ese movemento, permitindo que a figura baile de xeito permanente a través da materia.

As pezas seleccionadas permiten ao público achegarse a diferentes expresións corporais mediante o tacto. Esta aproximación táctil facilita a comprensión do corpo como medio artístico, máis alá da propia natureza do material escultórico. A través da forma, a composición e o xesto, as obras capturan a enerxía e a fluidez do baile, trasladando ao espectador o dinamismo e o sentimento propio da linguaxe coreográfica.

Cada escultura toma como modelo diversas danzas que representan rituais, crenzas e herdanzas culturais transmitidas ao longo do tempo. Deste xeito, as pezas posúen un significado concreto e único que transcende o seu valor estético, convidando a unha reflexión sobre a comunicación e a narrativa a través do movemento conxelado na forma.

A mostra pode visitarse no Museo Provincial de Lugo ata o 18 de outubro.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...